Escolarización 2018-2019

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019



CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2018/2019

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
1.      Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
2.      Presentación da solicitude de admisión (para alumnado procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado):
 1-20 de marzo.
Recoméndase presentar documentación da acreditativa dos criterios de baremación para axilizar o proceso.
3.      Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 23 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.
O criterio complementario do centro (1pto) é para fillos de antigos alumnos.
4.      Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
5.      Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
6.      Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
7.      Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no Anexo II no 2º lugar e seguintes).
3ª FASE: MATRÍCULA
8.      Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 2 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil).
9.      Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
10.  Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.
1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-15 de febreiro)
·         Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar.
·         Esta solicitude poderán efectuala mediante un formulario normalizado, dun dos seguintes xeitos:
a)      Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo I, que pode recoller gratuitamente no centro ou ben descargar dende a páxina web da Consellería:
b)      A través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
c)      A través da aplicación web “admisionalumnado”:
·         A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
·         A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
·         A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-20 de marzo)
1.      Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2.      Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:
No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.
3.      Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:
No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.
4.      As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:
a)      Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo II, que pode recoller gratuitamente no centro ou ben descargar dende a páxina web da Consellería:
b)      A través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
c)      A través da aplicación web “admisionalumnado”:

NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)
Ligazón (galego):
Enlace (castellano):
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)
Ligazón (galego):
Enlace (castellano):
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG 1 de febreiro de 2017)
Ligazón (galego):
Enlace (castellano):

DOCUMENTOS DO CENTRO

Estarán a disposición das familias na dirección do centro os seguintes documentos:  CARÁCTER PROPIO, PEC e Actividades complementarias e extraescolares  ofertadas polo centro e autorizadas pola consellería e aprobadas polo Consello Escolar.


Leer más...

Xornada de portas abertas

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: o vindeiro 26 de febreiro, ás 16:30 horas. Para alumnado de nova incorporación de todas as etapas.
Leer más...

Visita á Facultade de Ciencias

Os alumnos de 4 da ESO dentro do programa de orentación académica y profesional visitaron a facultade de ciencias do Campus Terra, no que fixeron varios experimentos utilizando tecnoloxías punteiras e reais en labotarorios de investigación. Recibiron una charla pedagóxica do decano e de varios profesores da facultade onde os axegaron a ciencia.





Leer más...

Nadal 2017





























Leer más...

Canciones celebración Divino Maestro

Leer más...

Acoso Escolar e Redes Sociais


O día 31 de outubro celebrouse unha charla informativa a través do Plan Director para a mellora da convivencia, aos alumnos de 1º de ESO. Abordarónse temas relacionados co acoso escolar, prevencións e riscos no uso de internet e redes sociais.
Leer más...