O colexio plurilingüe Divino Maestro está a levar a cabo
unha exposición titulada “As mulleres da miña familia” con motivo da
celebración do Día da Muller Traballadora. Os alumnos do centro proporcionaron
fotografías das mulleres da súa familia para celebrar ó seu día e renderlles
unha merecida homenaxe. A exposición permanecerá aberta a toda a comunidade
educativa do 5 ao 9 de marzo.
Charla saúde afectivo sexual en familia
Charla efectúada por dous médicos especialistas en medicina familiar e comunitaria( Estefanía Fernández Otero e Miguel Rodríguez Piñán) sobre educación afectivo sexual en familia.
Saúde Afectivo - Sexual
Desde o centro Divino Maestro, invitamos a todas as familias a aistir a unha charla impartida por médicos especialistas sobre a temática saúde afectivo - sexual; o vindeiro 5 de marzo ás 19:30 no Centro.
Día da Paz
O día 2 de febreiro fixeron un gran manifesto con este motivo
da paz os nosos alumnos/as da ESO, algúns cursos saíron ás rúas para
traballar xunto con rapaces doutros centros concertados e facer visible a
posibilidade de que entre todos é posible a construcción da paz, tintaron de cores
un mundo gris i escuro, tiveron como exemplos grandes personaxes constructores
da paz que cas súas testemuñas de vida, serven de empuxe ós nosos xóvenes, na
construcción de canles de diálogo e tolerancia.
Días preciosos cheos de concordia, alegría e tolerancia.
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO!!
Día da Paz
Protagonistas da paz! Era así como expresaban os rapaces de
Infantil e Primaria, xunto cos seus
Mestres e algúns membros máis da comunidade educativa do noso colexio
Divino Maestro, o 30 de xaneiro, día escolar da Paz en Non violencia.
Desafiando a tristura do día, conseguiron facer unha gran
cadea da paz, con grandes apertas de amizade e tolerancia. Aprendamos dos
nosos nenos estes valores tan importantes que fan do noso mundo un mundo mellor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)