Avaliacións externas (3º de E.Primaria)


Comunicámosvos que os vindeiros días 23 (mércores ) e 24 (xoves) de maio realizarase no Centro a proba de avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º curso de E. Primaria, recollida na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (art. 20.3), desenvolvida polo Decreto 105/2014, do 4 de setembro (art.12.7) e regulada pola Resolución do 10 de abril de 2018.
Nesta proba comprobarase o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.
Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos, as familias, equipo docente, centros e Administración educativa. Orienta as decisións na elaboración de plans de mellora.
Cada familia debe cubrir un cuestionario de contexto, preferentemente en formato dixital, sobre as condicións socioeconómicas e culturais do centro.

Reunión informativa día 15 de maio ás 16:00h, na clase de 3º EP.

CALENDARIO DE APLICACIÓN DA PROBA 3º EP
DÍA
COMPETENCIA
TEMPO
23 MAIO, MÉRCORES
COMPETENCIA  LINGÜÍSTICA   (CADERNO 1)

DESCANSO

COMPETENCIA MATEMÁTICA(CADERNO 1)
9:20.-10.20 (60m)

10.20-10:50 (30m)

10.50-11.40 (50m)
24 MAIO, XOVES
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA (CADERNO 2)

DESCANSO

COMPETENCIA MATEMÁTICA (CADERNO2)
9.20-10.20 (60m)

10.20-10.50 (30m)

10.50-11.40 (50m)

Grazas pola súa colaboración
Leer más...

Actividades extraescolares

 El próximo 14 de mayo, lunes a las 16:15h tendrá lugar una reunión en el salón de actos ( gimnasio) del colegio para informar sobre las actividades extraescolares del próximo curso 2018/19.


HORARIO DE PRESENTACIÓN
16.15 a 16.30 Actividades impartidas por los profesores del Centro.
16:30-17:00 =  Actividad de Rockbotic (ampliada a toda primaria).
17:00-17:40= Actividades de Inglés ACTIVA (Escuela de Idiomas-Campamento de verano en Inglés).



Leer más...

Listaxe provisional admitidos 2018/19

Leer más...

Concerto didáctico de música

ACHEGANDO OS NENOS Á MÚSICA.

Hoxe tivemos o pracer de disfrutar do concerto didáctico ofrecido pola “Escola Municipal de Música de Lugo” para todo o alumnado de Educación Primaria. “CHEGAREMOS VOANDO”.  A VOLTA AO MUNDO EN 80 NOTAS!!!












Leer más...

“Conociendo el aprender y su metamorfosis en Educación Infantil”




No mes de febreiro saiu publicada a obra “Conociendo el aprender y su metamorfosis en Educación Infantil”. A súa coordinadora é Beatriz Páramo Iglesias, mestra de Educación Infantil e antiga alumna do noso colexio. O libro expón o resultado da investigación que se desenvolveu en distintas escolas portuguesas, así como no noso centro, sobre a competencia de “aprender a aprender” e a súa metamorfose na etapa infantil. Agradecémoslle á coordinadora que contase coa nosa colaboración e participación neste proxecto, xa que nos ofreceu unha perspectiva renovadora da nosa disciplina.

                                            Grazas, 


                                                           Mestras de Ed. Infantil
Leer más...

Educación afectivo-sexual

Os alumnos/as de 2ª de ESO están a recibir unha serie de charlas de educación afectivo-sexual impartidas polo Instituto Desarrollo y Persona de Madrid. Estas mesmas charlas foron impartridas ás familias do centro.




Leer más...