MAXIA NA ESCOLA

A maxia visitou o noso colexio e fixo a ledicia dos alumnos de E. Primaria e 6º de E. Infantil. Espectáculo recollido dentro da Semana da Maxia e gravado para a TVG.

Podedes ver o espectáculo en Galicia Noticias TVG, de 14:00 a 14:30 horas. Tamén no telexornal.













Leer más...

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Este sábado 4 de maio, os compañeiros de 4º de ESO e os do taller científico, participaron na XXIV edición do "Día de la Ciencia en la calle" que se celebrou durante toda a xornada no entorno del Parque de Santa Margarita en A Coruña. Outros compañeiros presentaron os seus traballos científicos nos que estiveron traballando ao longo de todo o ano: unha bicicleta xeradora de electricidade, un experimento sobre a fotosíntese, outros sobre a luminiscencia etc.
 Ao mesmo tempo, puideron compartir con otros pequenos científicos de Galicia que a ciencia é algo sorprendente e divertido.


















Leer más...

REC CURTA

PREMIADOS NOS REC CURTA 2019!!!
Grande éxito do Divino Maestro de Lugo no concurso de curtametraxes organizado por Escolas Católicas de Galicia, entidade que agrupa a 116 colexios.
O noso centro vén de acadar ata 5 premios nesta edición, a primeira na que nos decidimos a participar. Destacamos o 1°premio para Candela González pola súa música orixinal, o premio á maior implicación grupal, o premio ao mellor tratamento dos valores, ou a mención especial para a curta "O diario".
Foi moi emocionante ver aos nosos campións de 3° da ESO subir recoller tantos galardóns e non puidemos deixar de sorrir ante a tremenda sorpresa que levou a directora cando a chamaron para recoller o primeiro premio importante da tarde. 
Cómpre agradecerlle ao alumnado o seu esforzo e bo facer, dar as grazas ás nais e pais que xenerosamente nos acompañaron á entrega de premios en Compostela e a todos os profes que colaboraron neste proxecto. O importante é participar, sen dúbida, pero ás veces tamén está ben gañar: dános azos para seguir! Parabéns aos gañadores e a todos os participantes! #redcurta










Leer más...

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN 19/20

Leer más...

DÍA DO LIBRO


O Equipo de Biblioteca e o alumnado de ESO conmemorando o Día do Libro.

Vídeo-Día do Libro 2019
Leer más...

VIVA O ENTROIDO !!!

O colexio Divino Maestro celebrou o Entroido por todo o grande. Pola mañá, os nenos e nenas de infantil realizaron obradoiros coa axuda das súas familias, e en primaria caracterizáronse con disfraces reciclados ou de elementos da natureza; enmarcando así a actividade no proxecto Voz Natura. #entroido #voznatura 










Leer más...