FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE
TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-2022
Descarga aquí a SOLICITUDE
NORMATIVA: ORDE do 06 de maio de 2021. ( procedemento ED330B)
PRAZO
Prazo de presentación: 21/05/2020 - 22/06/2021
(incluído).
ALUMNADO AO QUE VAI DIRIXIDO
-
Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º
de EP e en 1º, 2º,3ºe 4º de ESO.
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao
alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e Educación Especial (EE).
- Axudas para material escolar
destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
RENDA PER CÁPITA
É a renda
da unidade familiar do exercicio fiscal 2019. Sumaranse os recadros 435 e 460 dividido
entre o numero de membros computables.
1. Asignación de libros de texto 3º, 4º, 5º, 6º EP, e 1º,
2º, 3º 4º ESO)
·
Renda per cápita familiar igual ou
inferior a 6.000 €: 6 libros
·
Renda per cápita familiar superior a
6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 libros
·
Alumnado en situación de garda ou
tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 6
libros independentemente da renda
2. Contía da Axuda para adquirir libros de texto
a) Para o alumnado (1º,
2ºde E. Primaria)
·
Renda per cápita familiar igual ou
inferior a 6.000 €: 210€
·
Renda per cápita familiar superior a
6.000 € e inferior a 10.000€: 140€
b) Alumnado matriculado
en EE, en centros específicos ou unidades de EE de centros
ordinarios, cunha discapadidade igual ou superior ao 65%: 275€
c) Para o alumnado en
situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia,
o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea
matriculado, con inde-pendencia da renda per cápita da unidade familiar
d) Para o alumnado con
necesidades específicas de apoio educativo, a que se
refire a disposición adicional segunda desta orde:
Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €:
210 €.
2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou
inferior a 10.000€: 140 €.
Alumnado de ESO:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €:
240 €.
2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou
inferior a 10.000€: 160 €.
A contía da axuda para adquirir material escolar
destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar
igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €
UNIDADE FAMILIAR:
Composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2019, agás no relativos
á violencia de xénero, caso en que se aplicará o disposto na lexislación
específica.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
O prazo para presentación de solicitudes remata o día 22
de xuño de 2021 (incluído).
Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores
ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de
alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a
solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con
quen conviva en acollemento familiar.
A solicitude será única para todos os
fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente
para o curso 2021/22; nela especificarase o nivel de estudos que espera
realizar cada un deles no citado curso.
A Solicitude pódese recoller no propio centro, por vía electrónica nos formularios
normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ , a través da Sede
Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Descarga aquí a SOLICITUDE
Poderanse presentar, tamén, as solicitudes en calquera
dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común ou de xeito telemático.
Documentación complementaria necesaria para tramitar o
procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa
solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) ANexo II
(comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do
libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais
membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar
ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da
custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros
computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado
ou volante de convivencia.
2º. Informe dos
servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao
sina-lado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de
convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que
convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que
acredite a situación familiar.
c) Certificado
do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia
recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación
xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en
calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo,
galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución
xudicial de incapacitación con
patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución
administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do
certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou
garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia
ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde
resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de
DNI e NIE.
DATAS DE PUBLICACIÓN:
·
Listaxes provisionais
EP e ESO: 5 de xullo
·
Listaxes
definitivas EP: 10 de xullo
·
Listaxes
definitivas ESO: 9 de setembro