MISIÓNS 2022

 


Este ano o Secretariado das Misións proponnos participar na #CampañaMisionera2022 destinada ás obras de mellora do Centro #DivinoMaestro “La Trinidad ”, na periferia da Cidade de Bolívar 🇻🇪

Podes comprar o teu dorsal e participar na II Marcha Misioneira 🏁🏃‍♀️🏃‍♂️do luns 23 de maio e comer connosco o #BocataSolidario 🥪

Sairemos ás 14:00 do colexio, comeremos no parque de  Abella e volveremos ás 16:00.

Esperámosvos!





Leer más...

PROCESO DE ADMISIÓN


Hoxe, venres, 22 de abril, ás 14.00 horas, publicáronse no taboleiro de anuncios do centro as listaxes de admitid@s para o vindeiro curso 2022/23. 

Poden consultarse no horario habitual.

Leer más...

COMUNICADO DO EQUIPO COVID SOBRE O USO DA MÁSCARA NO CENTRO

O Goberno do estado aprobou a fin da obrigatoriedade do uso da máscara en espazos interiores (Real Decreto 286/2022). No que ten que ver co ensino, esta normativa sinala:

- as persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar

- recoméndase o seu uso ao profesorado e ao alumnado con algún factor de vulnerabilidade.

- recoméndase o uso da máscara no interior do centro no caso de estar en contacto con outras persoas a unha distancia inferior a 1'50 m.

- recoméndase o uso responsable da máscara nos espazos pechados de uso público nos que as persoas transitan ou permanecen un tempo prolongado.


Pola súa banda, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar as Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo que indican:

USO OBRIGATORIO

 • Transporte escolar.

 RECOMENDADO 

• Persoal traballador do centro educativo. 

• Alumnado do centro educativo. 

• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia. 

 • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos. 

O protocolo vixente no centro establece unha distancia de1,20 m entre o alumnado nas aulas, polo que non se pode garantir a distancia de 1,50 m. Por isto, o Equipo COVID do centro recomenda o uso da máscara.

Leer más...

NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO

Achegamos resumo das últimas instrucións da Consellería de Educación a respecto do Covid-19.


1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables, polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2- Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

3- QUÉ FACER SE ES UN CASO POSITIVO OU UN CONTACTO?:

            - Se a intensidade dos síntomas lle dificultan a súa actividade diaria, quede no domicilio ata que             melloren.

            - Use de forma constante a máscara e evite actividades que impliquen quitala sen manter a                     distancia de seguridade con outras persoas.

            - Reduza todo o posible as interaccións sociais con outras persoas.

            - Informe aos seus contactos estreitos. RECOMENDACIÓNS

5- Deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6-  Seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.

7-  Ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas.

Leer más...

 COMUNICACIÓN URXENTE CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Por motivos técnicos na Sede electrónica da Xunta de Galicia, ampliouse en 24 horas o prazo presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos"

Esta ampliación de prazo atinxe, en exclusiva, ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio.

Leer más...

FIN DA RECOMENDACIÓN DO USO DE MÁSCARA NO RECREO

 As consellerías de Sanidade e Educación acordaron retirar a  recomendación do uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade (patios/recreos). Por este motivo, todos aqueles aspectos do Protocolo Covid do centro relacionados coa obrigatoriedade do uso da máscara nestes espazos quedan suspendidos.

A máscara continúa a ser obrigatoria nos espazos interiores

Leer más...