AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE LUGO


 Poden consultar as listaxes  facendo clic AQUÍ.

Leer más...

INICIO CURSO 2023/24

 


BENVIDAS E BENVIDOS a este novo curso académico 2023/24! 

Iniciamos unha nova aventura, comezamos un novo curso escolar no que, coma sempre, non faltarán éxitos e fracasos, risas e choros, aprendizaxes e dificultades, progresos e atrancos...

Este ano temos por diante retos apaixonantes: comeza o 2º curso de FPB, avanza o proceso de dixitalización do ensino nalgúns cursos, aumenta o número de alumnado matriculado no Diploma Dual, esperamos arrincar os exames de Oxford, aumenta o horario da Aula Matinal... coma sempre trataremos de sacar isto adiante da maneira que nos é propia e que nos caracteriza: coa colaboración e a unión de alumnado, familias e profesorado... únenos un obxectivo común: conseguir que o noso alumnado, as nenas e nenos do Divino Maestro, se desenvolvan o mellor posible e acaden todo aquilo que se propoñan ao tempo que medran como persoas íntegras e cidadáns plenamente capacitados para se valer no mundo no que lles vai tocar vivir. E todo isto queremos facelo desde a ollada evanxélica e os valores que nos son propios desde que Francisco e Soledad botaron a andar, vai camiño dos 100 anos, os Colexios Divino Maestro.

Por todo isto é que arrincamos cargados de ilusión, proxectos, ganas de mellorar... en moi breve imos ir comunicando horarios, datas de reunión, materiais necesarios... Estamos en marcha!

Vémonos nuns días!

O Equipo Directivo

Leer más...

PREVISIÓN EXTRAESCOLARES 2023/24



Poden consultar a previsión de actividades extraescolares e os seus prezos facendo clic na seguinte ligazón:     previsión extraescolares 23/24. 

LEMBREN que é unha previsión. O calendario e prezos definitivos deben ser aprobados polo Consello Escolar e o Servizo de Inspección no mes de setembro.

Leer más...

LISTAS DEFINITIVAS AXUDAS LIBROS E MATERIAL

 


PUBLICADAS HOXE LISTAXES DEFINITIVAS DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.pODEN CONSULTALAS NO CENTRO EN HORARIO DE 09:30 A 13:30

Leer más...

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24


 Poden acceder ás listaxes de libros para o curso 2023/24 picando nos seguintes enlaces:

Libros de Infantil e Primaria

Libros de ESO



Leer más...

AXUDAS DO CONCELLO PARA MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

 Prazo de solicitude para as axudas de material escolar para educación infantil do

9 ao 29 de xuño

 Bases no bop nº 130/2023 Información e modelos: 

Faga clic na seguinte LIGAZÓN 

ou 

Oficinas da Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra, R/ Quiroga Ballesteros)

 Horario: de 9 a 14h



Leer más...