RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR




O Consello Escolar do centro é un órgano de participación e control da vida do Colexio. Nel están representados o profesorado, a Entidade Titular, o Concello, o alumnado, o PAS e tamén as nais/pais/titores legais.

Cada dous anos toca renovalo parcialmente. Desta volta cómpre elexir un alumn@ (da ESO) e unha nai/pai (ademais do designado pola ANPA).

É por isto que animamos a cantas nais/pais o desexen, e teñan dispoñibilidade, a participar e presentarse como candidatos, ademais de votar o día das eleccións.

Os censos, actas... e toda a información están colgados no taboleiro do centro. Poden recoller en Secretaría a inscrición como candidatas/os ou descargala nos seguintes enlaces, ademais doutras informacións ao respecto:

Calendario