SOLICITUDE DE MÁSCARA

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial

 a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. 

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións: 

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. 

• Alumnado matriculado en educación especial. 

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a. 

Prazo: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.