Ao igual ca no curso anterior, damos a coñecer esta iniciativa que pon en marcha o xigante do comercio online. E, de novo, vaia por diante a aposta do centro polo comercio local: procuramos facer en Lugo e, se é posible, no noso barrio, todas a compras que teñen que ver co colexio. Cremos na cercanía e queremos unha cidade chea de comercios de proximidade.
Con todo, tamén sabemos do auxe -semella que imparable- do comercio na rede, polo que se decidiu volver participar nesta campaña da multinacional AMAZON que pode achegarnos algún beneficio: por cada compra que se efectúe, a empresa doará unha pequena cantidade ao centro educativo da elección do consumidor, sen que isto teña ningún custo adicional.
Así que o dito: APOSTEMOS SEMPRE POLO COMERCIO E OS PRODUTOS LOCAIS E DE PROXIMIDADE, pero se algunha vez mercamos nestoutra compañía e queremos colaborar co cole, podemos facelo cun simple clic seguindo estas instrucións:
VISITAD
WWW.UNCLICPARAELCOLE.ES
Y SELECCIONAD NUESTRO CENTRO EDUCATIVO
Sólo así, cada vez que hagáis una compra en Amazon.es, Amazon
nos donará un crédito virtual equivalente a un porcentaje de
vuestro gasto para utilizar en la compra de productos gratuitos
que necesitamos.
Además encontraréis Amazon Digital Lab: un mundo de
recursos digitales gratuitos para usar en el aula y en casa, que
promueven una enseñanza innovadora.