INFORMACIÓN


Lugo, a  25 de marzo de 2020

Queridas familias:


Esperamos e desexamos que todos vós así como, todos os vosos seres queridos esteades ben. Nestes momentos difíciles queremos facervos chegar o cariño e apoio de todo o equipo docente. Dende o centro faremos  o posible por acompañarvos e axudarvos, na medida das nosas posibilidades, no proceso educativo dos vosos fillos.
Para elo, achegámosvos unha serie de indicacións  para o desenvolvemento do ensino telemático mentres sigamos baixo o estado de alarma ou a Consellería de Educación nos indique o contrario:
1- O venres 27 de marzo, o seguimento telemático do proceso educativo farase diariamente tendo en conta o horario de clase do alumno. Na páxina WEB do centro habilitarase unha pestana por curso dentro do cal estarán as distintas materias e actividades correspondentes. Facilitarase vídeo explicativo para acceder a este espazo virtual.
2- A comunicación co profesorado será a través do correo electrónico de cada curso, débese poñer o nome do alumno/a e dirixir a pregunta ou dúbida ao profesor da materia.
3- Para facilitar a planificación familiar da xornada, as actividades diarias facilitaranse antes das 10:00h.
4- Todas as  tarefas propostas polo profesorado non son avaliables pero é convinte realizalas,  pois os contidos que se están a dar serán de axuda no momento de reiniciar as clases. 
5- Aprázase a 2º avaliación ata despois de Semana Santa, xa iremos informando do proceso.

Recibide todas e todos unha aperta de paz e ben
O Equipo Directivo
Leer más...

COMUNICADO ACTIVA

En Lugo, a 17 de marzo de 2020


Estimadas familias: Debido a la publicación del RO 463/2020, de 14 de marzo , por el que declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19 que afecta a todo el territorio nacional, en el que se comunica la suspensión de la actividad educativa presencial en todos los centros y etapas , así como cualesquiera otras actividades educativas impartidas en centros públicos o privados emitimos el siguiente comunicado .


 En relación al cobro de los recibos de las actividades extraescolares gestionadas e impartidas por Actividades Formativas , S.L. (ACTIVA) en el Colegio Divino Maestro , el servicio se cobrará por la parte proporcional a los días en los que las actividades se hayan realizado con normalidad .


 Ante la incertidumbre sobre la durac ión del periodo de estado de alarma , les rogamos no devuelvan ningún recibo del mes de marzo, y en el siguiente recibo que se emita , una vez reiniciada la actividad, se compensará el precio por el servicio realmente prestado .


 Quedamos a su disposición para cualquier consulta a este respecto en la dirección de correo electrónico galicia@activa .org.

 Agradeciendo , como siempre su comprensión y valiosa colaboración , reciban un cordial saludo .

Fdo. DIRECCIÓN


ACTIVIDADES FORMATIVAS S.L. Avda . Juan Carlos 1 20 . 50009 - Zaragoza . Tfno : 976 40 21 30.
Leer más...

INFORMACIÓN

O CENTRO PERMANECERÁ  PECHADO A PARTIR DO LUNS DÍA 23 ATA NOVO AVISO,  PARA GARANTIR A SEGURIDADE DE TODOS.

Calquera comunicación: cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es



Leer más...

SUSPENSIÓN DE PROCESOS DE ADMISIÓN

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.
Leer más...

INFORMACIÓN PROPOSTAS DE ACTIVIDADES

Debido a excepcional situación que estamos vivindo e as medidas adoptadas polo Goberno Central e Autonómico, establecemos unha serie de propostas de actividades xenéricas,  relacionadas cos contidos curriculares, e recomendacións xerais, co fin de darlle continuidade ao proceso de ensino aprendizaxe e lograr acadar satisfactoriamente os obxectivos do curso.

Para acceder a estas propostas debedes clicar na pestana "PROPOSTAS DE ACTIVIDADES" na barra de menú da páxina ou directamente no seguinte enlace: PROPOSTAS DE ACTIVIDADES
O enlace levaravos a unha páxina na que deberedes clicar na proposta correspondente ao voso curso.

Calquera nova que xurda seguirémola comunicando por esta canle.

Grazas.

Leer más...

PROCESO DE ADMISIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
Leer más...