INFORMACIÓNS INICIAIS: horario do 1º día, titores, reunións comedor, aula matinal...

 COMEZO DAS CLASES

  Luns, 11/09/2023 


 HORARIO do primeiro día de clase

 ü  Infantil e Primaria: 09:00-14:00 (agás 4º de Educación Infantil -período de adaptación-)

ü  ESO: 09:30 – 13:30 (garántese a atención en caso de necesidade de 08:30 a 14:30 e de 16:00 a 17:50)

ü  FPB:  09:30 -14:30 (garántese a atención en caso de necesidade de 08:30 a 14:30 e de 16:00 a 17:50)

 TITORES POR CURSO

o   4º Ed. Infantil: Teresa Freire

o   5º Ed. Infantil: Marta Laso

o   6º Ed. Infantil: Dulce M. Carregal

o   1º Ed. Primaria: Mª Carmen Campo

o   2º Ed. Primaria: Eva Chouse

o   3º Ed. Primaria: Aranza Barrio

o   4º Ed. Primaria: Miguel Ángel Fole

o   5º Ed. Primaria: Javier Martínez

o   6º Ed. Primaria: Manuel Costa

o   1º ESO: Rebeca González

o   2º ESO: Carlos Fontela

o   3º ESO: Rubén Cela

o   4º ESO: Ana Iglesias

o   1º FPB: Mª Jesús Freire

o   2º FPB: Alejandro Pérez

 REUNIÓNS INICIAIS COS TITORES

Ø  4º Ed. Infantil: Venres, 08/09/2023: 13:00 h.

Ø   5º e 6º Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria: Martes, 12/09/2023: 17:00 horas

Ø  3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: Martes, 12/09/2023: 16:30 horas

Ø  ESO e FPB: Martes, 12/09/2023: 16:00 horas

 

Breve encontro inicial no ximnasio e, a continuación, coas titoras/es nas aulas.

 COMEDOR

Comeza a funcionar o día 11. O prezo non varía. Tedes toda a información AQUÍ. Imprescindible anotarse aínda que o alumno/a en cuestión xa asistise o curso pasado.

 AULA MATINAL

Novidade: Está dispoñble desde as 07:45. O prezo non varía. Tedes toda a información AQUÍ.

Leer más...

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE LUGO


 Poden consultar as listaxes  facendo clic AQUÍ.

Leer más...

INICIO CURSO 2023/24

 


BENVIDAS E BENVIDOS a este novo curso académico 2023/24! 

Iniciamos unha nova aventura, comezamos un novo curso escolar no que, coma sempre, non faltarán éxitos e fracasos, risas e choros, aprendizaxes e dificultades, progresos e atrancos...

Este ano temos por diante retos apaixonantes: comeza o 2º curso de FPB, avanza o proceso de dixitalización do ensino nalgúns cursos, aumenta o número de alumnado matriculado no Diploma Dual, esperamos arrincar os exames de Oxford, aumenta o horario da Aula Matinal... coma sempre trataremos de sacar isto adiante da maneira que nos é propia e que nos caracteriza: coa colaboración e a unión de alumnado, familias e profesorado... únenos un obxectivo común: conseguir que o noso alumnado, as nenas e nenos do Divino Maestro, se desenvolvan o mellor posible e acaden todo aquilo que se propoñan ao tempo que medran como persoas íntegras e cidadáns plenamente capacitados para se valer no mundo no que lles vai tocar vivir. E todo isto queremos facelo desde a ollada evanxélica e os valores que nos son propios desde que Francisco e Soledad botaron a andar, vai camiño dos 100 anos, os Colexios Divino Maestro.

Por todo isto é que arrincamos cargados de ilusión, proxectos, ganas de mellorar... en moi breve imos ir comunicando horarios, datas de reunión, materiais necesarios... Estamos en marcha!

Vémonos nuns días!

O Equipo Directivo

Leer más...

PREVISIÓN EXTRAESCOLARES 2023/24



Poden consultar a previsión de actividades extraescolares e os seus prezos facendo clic na seguinte ligazón:     previsión extraescolares 23/24. 

LEMBREN que é unha previsión. O calendario e prezos definitivos deben ser aprobados polo Consello Escolar e o Servizo de Inspección no mes de setembro.

Leer más...

LISTAS DEFINITIVAS AXUDAS LIBROS E MATERIAL

 


PUBLICADAS HOXE LISTAXES DEFINITIVAS DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.pODEN CONSULTALAS NO CENTRO EN HORARIO DE 09:30 A 13:30

Leer más...

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24


 Poden acceder ás listaxes de libros para o curso 2023/24 picando nos seguintes enlaces:

Libros de Infantil e Primaria

Libros de ESO



Leer más...