Visita ao campus universitario de Ferrol


Complementando as xornadas de orientación recibidas tanto polos pais como polos alumnos do último curso de secundaria, o 25 de febreiro, os rapaces de 4º de ESO achegáronse a Ferrol para coñecer o seu campus universitario  (Universidade da Coruña). Alí, recibiron información dos diferentes graos universitarios , das súas saídas profesionais, etc. A visita ás facultades de Humanidades e Documentación,a de Enfermería e Podoloxía, a de Ciencias do Traballo, a Escola Universitaria Politécnica e a de Deseño Industrial; uniuse un agradable chocolate con churros a media mañá, cortesía da Universidade.

Leer más...

Día de Rosalía






O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela unha das máis destacadas autoras da nosa terra, Rosalía de Castro. Para conmemorar tal acontecemento, os nenos e nenas de infantil e primaria realizaron uns pergamiños coa imaxe da escritora acompañada duns versos, previamente traballados en clase, para obsequiar ás súas familias. Pola súa banda, os rapaces de secundaria, ademais de decorar a entrada do colexio, celebraron un pequeno recital acompañado pola música da guitarra dun alumno de 3º da ESO.












Leer más...

Proceso de escolarización para o curso 2016/2017

PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2016-2017

O   prazo de PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES para a admisión do alumnado no Segundo Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, de cara ao vindeiro curso 2016-2017 será entre os días 1 e 29 de marzo, ambos incluidos.


HORARIO DE SECRETARÍA

DÍAS: LUNS A VENRES
HORAS: 9.00-14.00 h

No procedemento para a admisión de alumnos/as para o vindeiro curso académico seguirase a seguinte normativa reguladora:
-Decreto 254/2012, de 13 de decembro
-Orde de 12 de marzo de 2013
-As Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado




Prazos para a solicitude de admisión de alumnos/as para o curso 2016-2017

Antes do 1 de marzo. Publicación de postos escolares vacantes.
1 ao 20 de marzo. Presentación de solicitudes, no centro elexido en primeiro lugar. Como o 20 de marzo é domingo, o remate será o día 29 de marzo.
1 ao 12 de abril. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión
 Antes do 25 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos coas súas puntuacións. (Reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, dirixida á Titularidade).
Antes do  15 maio. Publicación das listaxes definitivas. (Reclamación dirixida á Xefatura Territorial no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación)
20 ao 30 de xuño. Formalización de Matrícula E. Inf. e E. Primaria.
25 de xuño-10 de xullo. Form. de Matr. ESO
1-10 de setembro. Form. De Matr. ESO.




CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
Criterio
Puntuación
Irmáns no centro
Primeiro Irmán: 8 puntos
Segundo e seguintes: 2 puntos cada un
Traballador do propio centro
3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores
Proximidade do domicilio familiar
Na área de influenza: 6 puntos
En áreas limítrofes: 3 puntos
Noutras áreas: 0 puntos
Lugar de traballo do pai,nai,titor
Na área de influenza: 4 puntos
En áreas limítrofes: 2 puntos
Noutras áreas: 0 puntos
Renda anual per cápita da unidade familiar
Inferiores a 0,5 veces o Iprem: 3 puntos
Igual ou superior  a 0,5 veces e inferior a 0,75 veces o Iprem: 2 puntos
Igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao Iprem: 1 punto
Igual ou superior ao Iprem:0 puntos
Discapacidade
No alumno/a: 4 puntos
No pai, nai, titor/a: 3 puntos
Irmán ou irmá: 1 punto cada un
Pertenza a familia numerosa
Categoria Xeral:2 puntos
Categoria Especial:3 puntos
Condición de familia monoparental
2 puntos
Criterio do Centro
1 punto
NOTA:
-SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SE SOLICITA PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR. (PODEN RELACIONARSE ATA 6 CENTROS, POR ORDEN DE PREFERENCIA)

-O ALUMNADO DO CENTRO QUE PRESENTE SOLICITUDE NOUTRO CENTRO DEBERÁ COMUNICALO AO MESMO TEMPO NO CENTRO DE ORIXE

-O ALUMNADO CON RESERVA DE PRAZA NUN CENTRO DEBERÁ COMUNICAR A RENUNCIA Á RESERVA SE PRESENTA SOLICITUDE DE ADMISIÓN NOUTRO CENTRO



OS IMPRESOS PODENSE CUBRIR E IMPRIMIR DESDE A  PÁXINA WEB DO CENTRO: www.divinomaestrolugo.com, OU DESDE AS PÁXINAS http://www.xunta.es/portada e https://sede.xunta.es/portada DA XUNTA DE GALICIA. TAMÉN SE PODEN SOLICITAR NA SECRETARÍA DO CENTRO 



NOTA:

-CRITERIO DE ADMISIÓN DO CENTRO:  Que serán baremados con 1 punto os fillos/as e netos/as de exalumnos/as do centro Divino Maestro, que soliciten praza. Terán que aportar documentación xustificativa ou solicitala no centro.


-IPREM do ano 2014: 6.390,13 EUROS

-O CENTRO NON DISPÓN DOS SERVIZOS DECOMEDOR NIN DE TRANSPORTE ESCOLAR.
PROPOSTA DE VACANTES CURSO 2016/2017
Don/Dona Carlos Ramón Fontela García
como titular  CPR Plurilingüe Divino Maestro de Lugo
Formula a seguinte proposta de prazas vacantes para o proceso de escolarización correspondente ao curso 2015/2016, conforme ao establecido no artigo 3 da Orde do 12 de marzo  de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria,  de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Curso
Vacantes
 4º curso de Educación infantil (3 anos)
22+3
5º curso de Educación infantil (4 anos)
0
6º curso de Educación infantil (5 anos)
0
1.º curso de Educación Primaria
0
2.º curso de Educación Primaria
0
3.º curso de Educación Primaria
3
4.º curso de Educación Primaria
0
5.º curso de Educación Primaria
1
6.º curso de Educación Primaria
1

1.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria
2
2.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria
5
3.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria
3
4.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria
3
1.º curso de Bacharelato
-
2.º curso de Bacharelato
-



                                                                 Lugo a,     22    febreiro de 2016

                                                                       O TITULAR



                   
                                                            Asdo.: Carlos R. Fontela García
Leer más...

Visita ás instalacións do centro

Co motivo do inicio do proceso de escolarización para o curso 2016/2017 as familias interesadas en traer aos seus nenos ao centro poderán realizar unha visita ás instalacións o vindeiro día 25 de febreiro, xoves, ás 17.00 horas. Grazas
Leer más...

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

Leer más...

Os alumnos de 4º ESO visitan Ourense

Os rapaces do último curso de secundaria viaxaron o pasado luns ata a provincia veciña para realizar polo centro da cidade de Ourense o roteiro de" A Esmorga", baseado na novela de Eduardo Blanco Amor, que previamente leran e traballaran na materia de Literatura Galega. A continuación, dado que cursan a materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, visitaron a fábrica de pensos e o laboratorio de Coren, empresa punteira na nosa comunidade. Finalmente, despois de comer e de percorrer algún recuncho máis da capital ourensana; chegou o turno das termas de Outariz, onde puideron relaxarse e apreciar o rico patrimonio termal galego.


Leer más...