RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO DE LUGO

Aquí temos ao alumnado de 1° da ESO percorrendo o Museo Provincial nas xa tradicionais Rutas Literarias. Despois de ler a obra "Contos de fantasmas no museo" hoxe visitaron estas instalacións onde, seguindo o fío dos relatos lidos, foron coñecendo, sen apenas decatarse, este espazo emblemático da nosa cidade. #rutasliterarias #museoprovincialdelugo



Leer más...

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA

Os alumnos de 4ESO, visitaron a facultade de Ciencias do campus de Lugo dentro do programa orientación académica- profesional. Tiveron a oportunidade de facer reaccións químicas e experimentos físicos da man dos profesores da facultade. #experimentos #campuslugo #usc
Leer más...

«ESTRATEXIAS EDUCATIVAS CO ALUMNADO TEA»

Nesta segunda parte do seminario, traballouse a inclusión e a conduta na aula, a comunicación e as estratexias metodolóxicas para favorecer a aprendizaxe. #saragrela #formacion #tea

Leer más...

EXAMES CAMBRIDGE

Por quinto ano consecutivo Cambridge Assessment vén de nos renovar o certificado que nos acredita coma Centro Preparador de Exames Cambridge para a obtención de cualificacións en lingua inglesa. Let's go! #cambridge
Leer más...

Información

7 de decembro: día do Ensino ( día non lectivo).
Leer más...

Renovación parcial do Consello Escolar


RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR DO CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO DE LUGO
O artigo 56 1º da LODE, no seu apartado 3º, determina que o Consello Escolar renovarase por metades cada dous anos. A Consellería de Educación publicou no DOG do 8 de outubro a Resolución do 25 de setembro de 2018  pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións dos membros dos Consellos Escolares.
De acordo co establecido no apartado duodécimo da Orde de 28/08/96, corresponde no ano 2018 a renovación de:
-Dous representantes do profesorado
-Un representante do alumnado
-Dous representantes de pais.
O calendario de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar do Centro está publicado no taboeiro do centro. Así como, as respectivas actas de constitución da Xunta Electoral e das Mesas Electorais.
LEMBRADE QUE:
O DÍA 27, MARTES, SON AS ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE PAIS E DE ALUMNOS AO CONSELLO ESCOLAR.
PAIS DE 12:30-15:30. BIBLIOTECA
ALUMNOS:9:30-10:30.
O DÍA 28, MÉRCORES, SON AS ELECCIÓNS DO REPRESENTANTE DE PROFESORES

O Consello Escolar convocarase o día 10 de Decembro ás 16:00 horas.

A  DIRECTORA                                                                                                   


Asdo. Mónica Gónzalez Carballo                                                         

Leer más...