REC CURTA

PREMIADOS NOS REC CURTA 2019!!!
Grande éxito do Divino Maestro de Lugo no concurso de curtametraxes organizado por Escolas Católicas de Galicia, entidade que agrupa a 116 colexios.
O noso centro vén de acadar ata 5 premios nesta edición, a primeira na que nos decidimos a participar. Destacamos o 1°premio para Candela González pola súa música orixinal, o premio á maior implicación grupal, o premio ao mellor tratamento dos valores, ou a mención especial para a curta "O diario".
Foi moi emocionante ver aos nosos campións de 3° da ESO subir recoller tantos galardóns e non puidemos deixar de sorrir ante a tremenda sorpresa que levou a directora cando a chamaron para recoller o primeiro premio importante da tarde. 
Cómpre agradecerlle ao alumnado o seu esforzo e bo facer, dar as grazas ás nais e pais que xenerosamente nos acompañaron á entrega de premios en Compostela e a todos os profes que colaboraron neste proxecto. O importante é participar, sen dúbida, pero ás veces tamén está ben gañar: dános azos para seguir! Parabéns aos gañadores e a todos os participantes! #redcurta










Leer más...

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN 19/20

Leer más...

DÍA DO LIBRO


O Equipo de Biblioteca e o alumnado de ESO conmemorando o Día do Libro.

Vídeo-Día do Libro 2019
Leer más...

VIVA O ENTROIDO !!!

O colexio Divino Maestro celebrou o Entroido por todo o grande. Pola mañá, os nenos e nenas de infantil realizaron obradoiros coa axuda das súas familias, e en primaria caracterizáronse con disfraces reciclados ou de elementos da natureza; enmarcando así a actividade no proxecto Voz Natura. #entroido #voznatura 










Leer más...

VACANTES PARA O CURSO 2019/20

Leer más...