AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS
ESTRANXEIRAS (AXUDASLE)
Orde do 10 de febreiro de 2020 pola
que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas
estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos
con
fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva
Podes informarte sobre as bases desta convocatoria premendo no enlace anterior. Os principais aspectos a ter en conta son:
Primeiro. Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva,
para realizar as actividades de
formación, dirixidas
á mellora das competencias en linguas
estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos
centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020
As actividades que se convocan están especificadas no anexo IV da orde, e son actividades de formación para a
mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.
Na sede electrónica o código de procedemento que identifica esta convocatoria é
ED504B. As solicitudes presentaranse preferiblemente por sede electrónica.
Segundo. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado
a partir da publicación
no Diario Oficial de Galicia. O prazo remata o 26 de marzo de 2020
Terceiro. Período de realización
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do
mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o
2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas
do alumnado seleccionado.
Cuarto. Persoas beneficiarias
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que reúna os seguintes requisitos:
a)
Estar cursando, no réxime xeral,
1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria,
ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na
área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d)
Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun
centro da Rede de centros plurilingües.
e)
Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma
finalidade.
f)
Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición
de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g)
Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar,
como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.
Quinto. Colaboración dos centros educativos.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional remitirá aos centros docentes
información en formato electrónico
sobre o procedemento de solicitude e de adxudicación de prazas, para a súa difusión entre o alumnado obxecto desta convocatoria.
2.
A Dirección de cada centro docente arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos
os sectores da comunidade educativa e entregaralle
unha copia dela ao Consello Escolar, ao Claustro, ás asociacións de nais e pais (Anpas) e, de
ser o caso, ás asociacións de
alumnado.
Así
mesmo, expoñeranse no taboleiro de anuncios a listaxe
provisional e a definitiva de alumnado seleccionado. (Lembrade que dito taboleiro, por normativa de protección
de datos de carácter persoal, non debe ser accesible desde o exterior).
3.
O
contido
des
ta
o
rde e
a
info
rmación
co
mplem
entaria
ato
pa
rase
na
páxina
da i
nte
rn
et
http://www.edu.xunta.es/axudasle