DÍAS NON LECTIVOS

 



No noso cole, luns, 17 de maio, Día das Letras, e martes, 18 de maio, día de libre disposición,
NON son lectivos

As clases reanudaranse con normalidade o mércores, 19 de maio.

Leer más...

INFORMACIÓN: SITUACIÓN SANITARIA DO CENTRO / MODIFICACIÓN DE PROTOCOLO

 


    Comunicamos a toda a comunidade educativa que, a día de hoxe, temos dous alumnos da ESO que deron positivo en Covid-19. Son casos que non gardan ningunha relación, de diferentes aulas, e sen contacto entre os afectados. Non parece probable que ningún dos contaxios teña a súa orixe ou garde relación coa actividade escolar.
    No primeiro caso, que xa está a piques de se reincorporar, efectuouse un cribado a todo o alumnado e profesorado da aula, sen que se detectasen novos positivos: parece que o protocolo funcionou, unha vez máis. 

    No caso que se vén de detectar hoxe, efectuarase un novo cribado para ver se houbo algún tipo de transmisión. Confiamos de novo na eficacia do protocolo e esperamos que non houbera contaxios dentro da aula, pero iso non quere dicir que baixemos a garda: máis que nunca cómpre ser prudentes, usar a máscara, manter as distancias, usar o xel...

CAMBIO NO PROTOCOLO

    Por outra banda, temos que comunicar a toda a comunidade educativa que o claustro de profesores tomou a decisión, xa comunicada ao Consello Escolar, de modificar o protocolo inicial e permitir o uso de balón en determinadas actividades da materia de Educación Física, con previa e posterior desinfección do material. Igualmente, en E. Infantil permitirase o uso do tobogán con desinfección entre usos.
Leer más...

PUBLICACIÓN LISTAXES DE ADMISIÓN

 


Ás 14:00 horas do día de hoxe, 23 de abril, publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso 2020/21. 

A publicación das listaxes definitivas terá lugar o vindeiro 14 de maio ás 14:00 h.

Leer más...

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN


 

Leer más...

OFERTA POSTOS ESCOLARES CURSO 2021/2022

Segundo resolución da Xefatura Territorial de Educación, comunicada hoxe, 26 de febreiro de 2021, os postos escolares que se ofertan para o curso 2021/2022 no CPR "Divino Maestro" de Lugo son os seguintes:

     - 4º Ed. Infantil: 25*

     - 2º Ed. Primaria: 1
     - 5º Ed. Primaria: 1

     - 1º ESO: 5*
     -2º ESO: 6
     - 3º ESO: 3
     - 4º ESO: 7


* Destes, resérvanse 3 postos escolares en 4º de E. Infantil e en 1º de ESO para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Leer más...

ADMISIÓN CURSO 20121/22: XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 






Leer más...