NOVIDADES PROTOCOLO COVID CURSO 2021/22

Ás veces tendemos a pensar que a pandemia xa quedou atrás, pero, obviamente, non é así. É por iso, que máscara, xel, distancia e ventilación seguen sendo parte do día a día na escola.

Basicamente, podemos dicir que case todas as medidas do curso anterior continúan vixentes. En breve publicaremos o protocolo completo para este curso21/22. Con todo, queremos destacar algunhas cousas:



PROTOCOLO COVID-19 2021/22


-         Mantéñense os grupos de convivencia estable (grupos burbulla) sen límites de distancia no seu interior (Infantil e Primaria)

  -    Distancia entre postos escolares:

§  Infantil e Primaria: A máxima que permita a aula, pero non hai distancia mínima. En Infantil grupos colaborativos de 5 alumnos/as cun distanciamento físico de 1’5 m. 

§  Secundaria: 1’20 m dentro da aula desde o centro das cadeiras. Todos na mesma dirección.

 

-         XEL HIDROALCOHÓLICO

§  Extremarase o coidado na súa aplicación ata os 7 anos.

§  Toda persoa que entre no centro deberá realizar a hixiene de mans.


MATERIAL ESCOLAR

AULA ORDINARIA

O alumnado non compartirá material de uso propio con ningún compañeiro/a. O alumnado gardará o seu material de xeito diferenciado para evitar o contacto co resto dos compañeiros.

Antes de usar ordenadores, teléfonos... cada usuario realizará unha correcta hixiene de mans e desinfección.

OUTRO TIPO DE AULAS

§  Hixiene de mans nas entradas e saídas das mesmas. Cambios de aula implican desinfección postos por parte do grupo que entra. Nos cambios de clase, o alumnado permanecerá no seu sitio.

§  Material compartido (ordenadores...) debe ser desinfectado ao inicio e remate da clase.

§  Adaptarase a metodoloxía evitando a formación de grupos e minimizando o contacto cos materiais. No caso de instrumentos de vento ou canto, a distancia elévase a 3 m e ventilación continua.

§ ** E. Física: máscara obrigatoria, agás exercicios onde se poida garantir a distancia superior a 2 m. no exterior. Se se comparten materiais, hai que desinfectalos tras o uso e hixienizar mans.

§    Biblioteca: aforo xeral previsto para as bibliotecas públicas. Protocolo de acceso. Hixiene de mans ao entrar e saír e hixiene de posto ao desocupalo. Préstamo de xeito habitual.

LABORATORIO E OBRADOIRO

§  Cartelería informativa

§  Materiais de protección individual hixienizado e, se é posible, desbotable.

§  Uso de ferramentas e equipos de traballo: mínima manipulación posible e hixienización tras o seu uso.


ASEOS

§  50 % aforo.

RECREOS

Pódense incluír todos os espazos dispoñibles para manter as distancias de seguridade. Evitar concentracións en entradas e saídas.

Poderán compartirse obxectos coas medidas de hixiene necesarias.


ACTIVIDADES NO CENTRO

Evitaranse actividades que conleven a mestura de alumnado de diferentes grupos de convivencia nas que no se poida manter a distancia mínima interpersoal. Sempre que sexa posible... ao aire libre.


ENTRADAS E SAÍDAS

Obxectivo: non aglomeración de persoas.

Nais e pais? NON poden entrar no centro, salvo que sexan requiridos ou para realizar procesos administrativos, pero nunca en entradas, saídas, recreos... Fixar horarios de atención con cita previa. Segue tendo prioridade a atención telefónica.

Horarios de entrada e saída: Véxase a entrada anterior


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS (saídas, visitas...)

§  Manteranse o grupos de convivencia ou gardarase a distancia prevista (1’5 m)

§  Prioridade a actividades no exterior.

§  Rexistro de participantes e lugares que ocupan (tamén no transporte se o houber).

§  Saídas e visitas: coñecer protocolo Covid das instalacións.

§  Profesorado acompañante: mínimo 1 por unidade: os necesarios para garantir as medidas de protección.

§  Visitas de persoal alleo ao centro: deberá coñecer o protocolo Covid, hixienizarse a entrada e saída, garantir uso máscara e distancia. Rexistro destas entradas. SEMPRE estarán acompañadas de persoal do centro.

§

MADRUGADORES: Aula Matinal

Protocolo ordinario, con uso obrigatorio de máscara e distancia de 1’5 m. entre alumnado de diferentes grupos de convivencia estable.


SERVIZO DE COMEDOR

§  Uso obrigatorio de máscara para o alumnado excepto no momento específico da alimentación, incluíndo o tempo de agarda  ata o inicio do servizo.

§  O alumnado sentarase no comedor agrupado por aulas. O alumnado ocupará sempre o mesmo sitio, que será rexistrado.  Cada grupo estará separado por 1’5 m. de distancia.

§  Ventilación cruzada, 15 minutos antes e despois do servizo, portas abertas e toda a ventilación posible durante o servizo.

§  Plano dos postos fixos asignados e rexistro de asistencia.

§  Recolleranse os distintos grupos de convivencia na porta da aula e serán acompañados ao comedor, mantendo a distancia entre os grupos.

§  Antes  e despois de acceder ao comedor, o alumnado, mantendo o grupo de convivencia, deberá ir ao baño do andar que lle corresponda para realizar a hixiene de mans.

§  Dispensador de xel na entrada do comedor.

§  Obrigatoria segunda máscara de recambio, así coma un estoxo específico para gardala en caso necesario.

§  Ao remate do servizo, permanecerán nos seus grupos de convivencia estable ata seren recollidos / volver á clase...


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

§  Elaborarase un Plan de Actividades Extraescolares e de continxencia que será aprobado polo Consello Escolar: limpeza, desinfección, ventilación, aforo, grupos estables e rexistro de asitencia.

§  Entradas e saídas graduadas.

§  Agrupamentos por idades próximas.

NORMAS XERAIS DE FUNCIONAMENTO

§  Pais/nais asinarán declaración de responsabilidade: enquisa autoavaliación, información de síntomas, uso obrigatorio de máscara...

§  Non entran persoas alleas ás actividades

§  A persoa monitora recibe ao alumnado.

§  Entradas e saídas diferenciadas.

§  Aseos asignados.

§  Zonas asignadas para obxectos persoais, mochilas, auga...

§  Evitarase o contacto e tratarase de facer exercicios de maneira individual.

§  Evitarase compartir material.

§  Hixiene de mans ao rematar a actividade, tocar material deportivo...

§  Plan de continxencia claro en caso de inicio de sintomatoloxía na actividade.


Leer más...

RESUMO DE ENTRADAS E SAÍDAS

 HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA


Publicamos de novo os horarios de entrada e saída acompañados dos esbozos de portas e vías de acceso.

E. INFANTIL


5 anos (6º Ed. Infantil)

- Entrada: 9:00       - Saída: 14:00

4 anos (5º Ed. Infantil)

- Entrada: 9:05       - Saída: 13:50

3 anos (4º Ed. Infantil)

- Entrada: 9:10       - Saída: 13: 40


 ED. PRIMARIA

ENTRADAS

- 5º e 6º Primaria: 9:00 Porta Norte (5º pola dereita e porta ESO, 6º pola esquerda e porta Patio)

- 3º e 4º Primaria: 9:05 Porta Norte (3º pola dereita e porta ESO, 4º pola esquerda e porta Patio)

- 1º e 2º Primaria: 9:10 Porta Norte (1º pola dereita e porta ESO, 2º pola esquerda e porta Patio)

 SAÍDAS

Todo o alumnado baixa por onde subiu e sae polo lado que entrou. Evitamos pararnos na porta.  Ata 4º de Primaria a entrega é individual.

- 5º e 6º Primaria: 14:00 Porta Norte (5º pola dereita e porta ESO, 6º pola esquerda e porta Patio)

- 3º e 4º Primaria: 13:55 Porta Norte (3º pola dereita e porta ESO, 4º pola esquerda e porta Patio)

- 1ºe 2º Primaria: 13:50 Porta Norte (1º pola dereita e porta ESO, 2º pola esquerda e porta Patio) 


 ESO

          -  Todos os cursos entran ás 08:30 e saen ás 14:30

            - Luns tarde: 16:00/17:50).
                
                - 1º e 2º soben e baixan pola porta ESO.

                - 3º e 4º soben e baixan pola porta Patio.

         O alumnado non debe xuntarse, mantendo sempre unha distancia de 1'5 m.








Leer más...

REUNIÓNS INICIAIS/DATAS INICIO CURSO/HORARIOS

REUNIÓNS INFORMATIVAS INICIAIS

Aínda que toda a información se colgará na web, celebraranse reunións informativas iniciais. Todas estas xuntanzas terán lugar no ximnasio, con ventilación cruzada e todos os requisitos que xa nos son familiares: máscaras, xel, distancia... Poderá asisitir un dos dous proxenitores (ou os dous no caso de divorcio/separación), de acordo cos seguintes horarios:

Mércores, 8 de setembro

- 16:00 - 1º E. Primaria
- 17:00 - 2º E. Primaria
- 18:00 - 3º E. Primaria
- 19:00 - 4º E. Primaria 

Xoves, 9 de setembro

- 09:05 - 6º E. Infantil (5 anos) -As nais/pais deixan os nenos/as na porta de                                                    Infantil e diríxense ao ximnasio para a reunión)

- 13:00 - 5º E. Infantil (4 anos) - Reunión previa á recollida dos nenos/as
- 16:00 - 5º E. Primaria
- 17:00 - 6º E. Primaria
- 18:00 - 4º E. Infantil (3 anos)

DATAS DE INICIO DE CURSO
  • E. Infantil e Primaria: xoves, 9 de setembro. (Horario habitual)
  • ESO: mércores, 15 de setembro (Horario especial que se comunicará en breve)

O primeiro día de clase de cada curso  estará centrado na acollida,o recordo dos cambios motivados pola situación sanitaria e as novas rutinas.


HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA
(Mañá publicaranse instrucións máis completas)


E. INFANTIL

5 anos (6º Ed. Infantil)

Entrada: 9:00       Saída: 14:00

4 anos (5º Ed. Infantil)

Entrada: 9:05       Saída: 13:50

3 anos (4º Ed. Infantil)

Entrada: 9:10       Saída: 13: 40

 

ED. PRIMARIA

ENTRADAS

- 5º e 6º Primaria: 9:00 Porta Norte (5º pola dereita e porta ESO, 6º pola esquerda e porta Patio)

- 3º e 4º Primaria: 9:05 Porta Norte (3º pola dereita e porta ESO, 4º pola esquerda e porta Patio)

- 1º e 2º Primaria: 9:10 Porta Norte (1º pola dereita e porta ESO, 2º pola esquerda e porta Patio)

 

SAÍDAS

Todo o alumnado baixa por onde subiu e sae polo lado que entrou. Evitamos pararnos na porta.  Ata 4º de Primaria a entrega é individual.

- 5º e 6º Primaria: 14:00 Porta Norte (5º pola dereita e porta ESO, 6º pola esquerda e porta Patio)

- 3º e 4º Primaria: 13:55 Porta Norte (3º pola dereita e porta ESO, 4º pola esquerda e porta Patio)

- 1ºe 2º Primaria: 13:50 Porta Norte (1º pola dereita e porta ESO, 2º pola esquerda e porta Patio) 


 ESO

          -  Todos os cursos entran ás 08:30 e saen ás 14:30

            - Luns tarde: 16:00/17:50).
                
                - 1º e 2º soben e baixan pola porta ESO.

                - 3º e 4º soben e baixan pola porta Patio.

         O alumnado non debe xuntarse, mantendo sempre unha distancia de 1'5 m.





Leer más...

 BENVIDAS e BENVIDOS a este novo curso académico 2021/22! 

    Despois do convulso curso anterior, confiamos en estar no camiño de volta á vella normalidade que tanto botamos de menos. Con todo, a situación creada pola Covid-19 está lonxe de rematar e vai seguir condicionando a nosa vida e a nosa escola.

    É por iso que practicamente todas as medidas que o curso anterior puxemos en marcha para defendernos do virus seguen vixentes con moi escasas modificacións (que vos comunicaremos á maior brevidade posible). Como dicíamos hai un ano: "Pedímosvos que poñades moito atención ás comunicacións que vos vaian chegando, xa que haberá modificacións, cambios na organización... e teremos que ir adaptándonos (...)".

   Estimamos que a colaboración de alumnado, familias e Colexio, así coma a responsabilidade individual de cada un de nós, foron chaves para sacar adiante o curso anterior, e volverán  selo de novo este ano: a prioridade segue sendo a saúde de todas/os!!

    Dito isto, e sendo conscientes da situación que vivimos, esperamos recuperar pequenas cousas que deixaramos atrás: algúns xogos no patio, as actividades extraescolares, algunha saída... e mesmo incorporar algunha novidade, como será a posta en marcha do comedor escolar! 

Ao longo dos próximos días iremos comunicando horarios, datas de reunións iniciais, materiais necesarios... tanto na web coma nas redes sociais. Estamos en marcha! 

Que o Divino Maestro nos guíe e protexa sempre e, moi especialmente, neste novo camiño que iniciamos hoxe.

                                                                                                              O Equipo Directivo

Leer más...

FONDOLIBROS: LISTAXES DEFINITIVAS PRIMARIA

- Publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas 

de Fondolibros para Primaria.



- Horario de atención ao público no mes de xullo:

 Luns a venres de 10:00 a 13:00 h.

Leer más...

LISTAS PROVISIONAIS FONDOLIBROS

 


Publicada listaxe provisional Fondo libros 2021/22. Pode consultarse no taboleiro do centro ou telefonicamente. A partir de mércores, en horario de 10:00 13:00 horas, poden recoller os cheques de 1º e 2º de Primaria e os cheques de material para todos os cursos.

Venres, 9 de xullo, listas definitivas de Primaria.

Leer más...