OFERTA PRAZAS NA ESO


 

Leer más...

SOS UCRAÍNA

A ANPA do noso cole e o propio centro convidámosvos a colaborar:


Somos xente axudando a xente...

Somos Divino Maestro!

 

Leer más...

CAMBIOS NO PROTOCOLO COVID


 

Por indicación das Consellerías de Sanidade e Educación, a partir de hoxe, luns, 7 de marzo:

-Elimínase a recomendación de corentenar aos contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e serán os contaxiados os responsables de informar aos seus contactos estreitos (desde os dous días anteriores ao inicio de síntomas).

- No ámbito educativo NON se identificarán contactos estreitos.

- Cando haxa constancia de ter estado en contacto cun positivo, actuarase da seguinte maneira:

      . Uso constante da máscara

      . Evite contacto con persoas vulnerables

     . Evite acudir a ámbitos vulnerables (centros sanitarios, residencias...)

     . Reduza as interaccións sociais.

     . Lave as mans con frecuencia.

      . Se desenvolve síntomas: quede na casa e chame ao 881540045 ou ao seu centro de saúde para solicitar proba.

     . Se é positivo nun test de autodiagnóstico quede na casa e notifique o                positivo no mesmo teléfono sinalado anteriormente.

NON se farán probas se non hai síntomas ou se teña contacto con ámbitos e persoas vunerables.

Leer más...

MATRÍCULA CURSO 2022/23


A solicitude pode entregarse telematicamente a través da sede virtual (enlace) ou ben presencialmente. Se o precisan poden descargar o impreso facendo clic na seguinte ligazón: SOLICITUDE, ou, coma sempre, recolléndoo na Secretaría do centro.





Leer más...

VACANTES CURSO 2022/23

Publicada a oferta de postos escolares vacantes para o vindeiro curso 2022/23. Para ver con maior nitidez, facer clic na imaxe:


 

Leer más...

ADMISIÓN CURSO 2022/23

 

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

1.      NON PROCEDE. O CPR “Divino Maestro” de Lugo non está adscrito a ningún outro centro, polo que non hai que facer ningún trámite: o alumnado que xa é do centro ten a súa praza reservada e o de nova incvorporación fará a solicitude do 1 ao 21 de marzo.

2.      Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro.

3.      Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

4.      Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-21 de marzo.

5.      Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 24 de marzo ao 6 de abril, ambos os dous incluídos.

6.      Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 22 de abril.

7.      Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.      Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 13 de maio.

9.      Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

3ª FASE: MATRÍCULA

10.   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.

11.   Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

12.   Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

             

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-21 de marzo)

1.      Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).

2.      Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

3.      Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

            No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de             permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro             centro.

4.      As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :

a)     Recollendo o formulario Anexo II (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

b)      Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección

 https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

 e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

c)      Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado


NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG 1 de febreiro de 2017)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

 

            ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola   que se             desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes        sustentados con         fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación      infantil, de educación primaria, de     educación secundaria obrigatoria e de bacharelato         reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de            educación (código de procedemento      ED550A e ED550B).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

Pódense consultar na secretaría do centro.

Igualmente, pódese descargar facendo Ctrl+clic na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30060





SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 

AULA MATINAL

COMEDOR ESCOLAR 

Regulado na seguinte normativa:

-        Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 13 de agosto de 2013)

-        Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar.

-        Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar.


RECURSOS ESPECÍFICOS OU ESPECIAIS


AULA EDUCACIÓN ESPECIAL

 

Leer más...