FONDO LIBROS CURSO 2022/23

 

Vén de publicarse no DOG do 18 de maio de 2022 a convocatoria de Fondo libros para o vindeiro curso:    Enlace ao DOG.



SOLICITANTES

- Alumnado matriculado en Primaria, ESO e E. Especial no curso 2022/23.

AXUDAS

- 50 € en material (para rendas per cápita inferiores a 6000 €).

- Libros de texto:

            . Garántense 6 libros por alumn@ se a renda é inferior a 6000 € per cápita e 4 libros se é inferior a 10000 €.  De haber libros dispoñibles no fondo repártense na súa totalidade aínda que non se dean as condicións anteriores.

            . Alumnado con NEE recibirá 275 € no canto dos libros.

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA

Divídense os ingresos totais do ano 2020 entre os membros computables da familia.

No caso de ter presentado declaración da renda, súmanse as casas 435 e 460

Os membros con discapacidade dun 33% ou superior computan dobremente.

CONDICIÓNS

- Ter devolto  en bo estado a final de curso os libros recibidos en 2021/22.

- Asinar o compromiso de conservar en bo estado os libros para poder devolvelos ao rematar o curso.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Prazo: Ata o 22 de xuño, incluído (pero pregamos que o tramiten o antes posible)
  • Modo de presentación: 

                No propio centro ou en calquera rexistro oficial

                - Por vía electrónica: 

                Neste enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

                Ou ben: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

DOCUMENTACIÓN

- Solicitude: poden descargala aquí: SOLICITUDE

 - Libro de familia con todos os membros  / certificado de convivencia do Concello.

- Certificado que acredite discapacidade ou outras alegacións.



Leer más...

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 22/23

 

Informamos a todos os interesados que o venres pasado, 13 de maio, publicouse a listaxe definitivade alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2022/23. 

Pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro no horario habitual.

Leer más...

MISIÓNS 2022

 


Este ano o Secretariado das Misións proponnos participar na #CampañaMisionera2022 destinada ás obras de mellora do Centro #DivinoMaestro “La Trinidad ”, na periferia da Cidade de Bolívar 🇻🇪

Podes comprar o teu dorsal e participar na II Marcha Misioneira 🏁🏃‍♀️🏃‍♂️do luns 23 de maio e comer connosco o #BocataSolidario 🥪

Sairemos ás 14:00 do colexio, comeremos no parque de  Abella e volveremos ás 16:00.

Esperámosvos!





Leer más...

PROCESO DE ADMISIÓN


Hoxe, venres, 22 de abril, ás 14.00 horas, publicáronse no taboleiro de anuncios do centro as listaxes de admitid@s para o vindeiro curso 2022/23. 

Poden consultarse no horario habitual.

Leer más...

COMUNICADO DO EQUIPO COVID SOBRE O USO DA MÁSCARA NO CENTRO

O Goberno do estado aprobou a fin da obrigatoriedade do uso da máscara en espazos interiores (Real Decreto 286/2022). No que ten que ver co ensino, esta normativa sinala:

- as persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar

- recoméndase o seu uso ao profesorado e ao alumnado con algún factor de vulnerabilidade.

- recoméndase o uso da máscara no interior do centro no caso de estar en contacto con outras persoas a unha distancia inferior a 1'50 m.

- recoméndase o uso responsable da máscara nos espazos pechados de uso público nos que as persoas transitan ou permanecen un tempo prolongado.


Pola súa banda, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar as Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo que indican:

USO OBRIGATORIO

 • Transporte escolar.

 RECOMENDADO 

• Persoal traballador do centro educativo. 

• Alumnado do centro educativo. 

• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia. 

 • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos. 

O protocolo vixente no centro establece unha distancia de1,20 m entre o alumnado nas aulas, polo que non se pode garantir a distancia de 1,50 m. Por isto, o Equipo COVID do centro recomenda o uso da máscara.

Leer más...

NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO

Achegamos resumo das últimas instrucións da Consellería de Educación a respecto do Covid-19.


1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables, polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2- Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

3- QUÉ FACER SE ES UN CASO POSITIVO OU UN CONTACTO?:

            - Se a intensidade dos síntomas lle dificultan a súa actividade diaria, quede no domicilio ata que             melloren.

            - Use de forma constante a máscara e evite actividades que impliquen quitala sen manter a                     distancia de seguridade con outras persoas.

            - Reduza todo o posible as interaccións sociais con outras persoas.

            - Informe aos seus contactos estreitos. RECOMENDACIÓNS

5- Deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6-  Seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.

7-  Ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas.

Leer más...