MOBILIDADES ERASMUS: SOLICITUDES E CRITERIOS SELECCIÓN
NOVOS VALES PARA MATERIAL ESCOLAR
AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a partir do día seguinte (hábil) ao da publicación no DOG.
O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.
Pode lerse a resolución ao completo aquí.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
16:00 |
Baile |
Fútbol Sala
(iniciación) |
Kárate Inglés |
|
Fútbol Sala
(iniciación) Inglés |
17:00 |
*Música |
Ximnasia rítmica |
|
Kárate |
|
*problemas de última
hora impídennos contar con profesor de Música; seguimos buscando: se atopamos unha empresa que poida prestar este servizo, ofertarémolo de inmediato e así o comunicaremos.
PRIMARIA /SECUNDARIA
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
16:00 |
. Baile . Inglés 1º-3º Primaria |
Kárate |
GRUPOS DIVINO
MAESTRO Inglés 1º -3º Primaria |
Kárate |
. Robótica . Fútbol Sala (1º/2º Prim.) |
17:00 |
*Música |
Mecanografía ( + iniciación
informática) (3º
/4º / 5º/6º Primaria) |
|
|
. Fútbol Sala (3º / 4º Prim.)
Inglés:Preparación
B1 Oxford. |
|
|
|
18:30 Fútbol Sala
(1º a
4º EP) (Palomar) |
|
|
** GRUPO MÍNIMO: 8
alumnos/as; de non acadarse este número non se garante a realización destas
actividades. Grupo máximo: 15/20 participantes por grupo segundo a actividade.
** INSCRICIÓN: do 19 ao 26 de setembro. Actividades do 1 de outubro ao 16 de xuño (medio mes de pagamento). Recoller folla de preinscrición en Conserxería. Cada actividade fará a súa inscrición posteriormente.
** PREZO MENSUAL:
Baile |
18 € |
Kárate |
25 € / opcional13 € / 1
hora (Infantil) |
Inglés |
37 € / 18 € preparación B1
Oxford |
Fútbol
Sala |
22 € / Iniciación
Infantil 17 € |
Ximnasia
rítmica |
18 € |
Robótica |
22 € |
Mecanografía
|
18 € |
ENTRADAS E SAÍDAS: HORARIOS E ORGANIZACIÓN
HORARIOS
Os horarios son xa os habituais do centro. Non hai entradas "escalonadas".
- Ed. Infantil/ Primaria: 9:00 -14:00 h.
- Ed. Secundaria: 8:30- 14:30 h.
- FPB: 8:50 -14:20 h.
ENTRADAS ED. INFANTIL
Os nenos e nenas, cos seus acompañantes, acceden pola Porta Sur e forman tres fileiras no patio cuberto de acceso a Infantil, na orde que se indica:
ENTRADAS E. PRIMARIA
Os nenos e nenas de Primaria entran pola Porta principal e diríxense ás filas nos puntos que se indican. As familias non os acompañan ao interior nese momento (poden entrar en canto o alumnado empece a subir e a zona se "despexe").
INSTRUCIÓNS COVID-19 CURSO 2022/23
A Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade veñen de publicar as seguintes RECOMENDACIÓNS en relación á xestión da Covid-19 para o curso 2022/23. Resumímolas a continuación, incluíndo cuestións que, aínda non aparecendo nas Instrucións das Consellería, poderían crear dúbidas entre a Comunidade Educativa:
PRESENZA DAS FAMILIAS NO CENTRO
-
As
familias poden acceder a todos os espazos do centro, evitando aglomeracións.
-
As
titorías poden ser presenciais, coa ventilación axeitada.
-
Pódense
celebrar eventos e actos conxuntos, preferentemente ao aire libre.
TEMPO DE LECER / PATIO
-
Pódese
mesturar alumnado de diferentes grupos.
VENTILACIÓN
- 15 minutos iniciais e 15 minutos finais
Ventilaranse as aulas durante os recreos
- Hai que procurar manter aberto todo o tempo posible, cando a climatoloxía o permita.
LIMPEZA DO CENTRO
-
Todas
as estancias se limparán e desinfectarán unha vez ao día.
COMEDOR ESCOLAR-
- Non é necesario gardar distancias entre alumnado de diferentes cursos.
Manterase
ventilación constante durante o tempo do xantar.
-
Cepillado
de dentes: se a situación epidemiolóxica o permite, introduciremos aos poucos
este hábito.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
-
Sempre
que sexa posible, desprazarémonos a pé
-
No
caso de usar autobús ou outro medio de transporte, utilizaremos máscara.
-
Nas
Actividades Extraescolares permítese xuntar alumnado de diferentes grupos,
tanto ao aire libre coma en interiores.
-
Se
algunha actividade inclúe canto ou se empregan instrumentos de vento, hai que
procurar aumentar a ventilación e as distancias.
ALUMN@ CON SÍNTOMAS OU POSITIVO… Vén
ou non vén a clase?
-
NON hai obriga de illarse. Deben comunicar esta circunstancia, non obstante. En caso de acudir ao centro un alumno /a (ou calquera outra persoa) sendo positivo, debe utilizar máscara, extremar a hixiene de mans, evitar o contacto con persoas vulnerables...
POBOACIÓN VULNERABLE
-
Se
algun alumno/a sofre unha patoloxía que provoque dependencia e que faga que
sexa considerado poboación vulnerable, a familia debe comunicalo e as medidas,
neste caso, serán as que indique o seu médico ou pediatra.