RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR: CALENDARIO E CANDIDATURAS



 O Consello Escolar do centro é un órgano de participación e control da vida do Colexio. Nel están representados o profesorado, a Entidade Titular, o Concello, o alumnado, o PAS e tamén as nais/pais/titores legais.


Cada dous anos toca renovalo parcialmente. Desta volta cómpre elexir dous profesores, un alumn@ (da ESO) e dúas nais/pais.

É por isto que animamos a cantas nais/pais o desexen, e teñan dispoñibilidade, a participar e presentarse como candidatos, ademais de votar o día das eleccións.

Os censos, actas... e toda a información están colgados no taboleiro do centro. Poden recoller en Secretaría a inscrición como candidatas/os ou descargala nos seguintes enlaces, ademais doutras informacións ao respecto:





Leer más...

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR: XUNTA ELECTORAL

EFECTUADO SORTEO PARA A XUNTA ELECTORAL DAS ELECCIÓNS 

AO CONSELLO ESCOLAR:




Leer más...

RESOLUCIÓN SOLICITUDE DE PRAZAS MOBILIDADES ERASMUS

 


Publicada no taboleiro Erasmus+ do centro  RESOLUCIÓN PROVISIONAL das solicitudes de prazas para as mobilidades Erasmus do curso 2022/23 e a adxudicación de destinos, así coma as normas de aceptación.

Leer más...

MOBILIDADES ERASMUS: SOLICITUDES E CRITERIOS SELECCIÓN

 


Publicadas hoxe as follas de SOLICITUDE de mobilidades Erasmus para o presente curso 2022/23 e os CRITERIOS DE SELECCIÓN. O alumnado e as familias que desexen inscribirse e cursar a solicitude, poden imprimila, cubrila e deixala en Dirección ou ben entregala á Coordinadora Erasmus (Mónica Rivas).
(Accedan facendo clic nos respectivos nomes)

O prazo de entrega remata o vindeiro luns, 24 de outubro.

Asperg (Alemaña); Chateauroux, Pessac (Francia)... aló imos!



Leer más...

NOVOS VALES PARA MATERIAL ESCOLAR

 AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 


Publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución  de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.  A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a partir do día seguinte (hábil) ao da publicación no DOG. 

 O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Pode lerse a resolución ao completo aquí.

Leer más...

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23


Con algúns cambios inesperados respecto á proposta de xuño, achegamos 
a relación de actividades extraescolares para o presente curso.

CURSO 2022/23
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 

 INFANTIL

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:00

Baile

Fútbol Sala (iniciación)

Kárate

Inglés

 

Fútbol Sala (iniciación)

Inglés

17:00

 

*Música

Ximnasia rítmica

 

Kárate

 

 

*problemas de última hora impídennos contar con profesor de Música; seguimos buscando: se atopamos unha empresa que poida prestar este servizo, ofertarémolo de inmediato e así o comunicaremos.

 PRIMARIA /SECUNDARIA

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

16:00

. Baile

. Inglés 1º-3º Primaria

Kárate

GRUPOS DIVINO MAESTRO

Inglés 1º -3º Primaria

Kárate

. Robótica

. Fútbol Sala (1º/2º Prim.)

17:00

*Música

Mecanografía ( + iniciación informática) (3º /4º / 5º/6º  Primaria)

 

 

. Fútbol Sala (3º / 4º Prim.)

 

Inglés:Preparación B1 Oxford.

 

 

 

18:30 Fútbol Sala (1º a 4º EP)

(Palomar)

 

 

 

** GRUPO MÍNIMO: 8 alumnos/as; de non acadarse este número non se garante a realización destas actividades. Grupo máximo: 15/20 participantes por grupo segundo a actividade.

 ** INSCRICIÓN: do 19 ao 26 de setembro. Actividades do 1 de outubro ao 16 de xuño (medio mes de pagamento). Recoller folla de preinscrición en Conserxería. Cada actividade fará a súa inscrición posteriormente.

 ** PREZO MENSUAL:

Baile

18 €

Kárate

25 € / opcional13 € / 1 hora (Infantil)

Inglés

37 € / 18 € preparación B1 Oxford

Fútbol Sala

22 € / Iniciación Infantil 17 €

Ximnasia rítmica

18 €

Robótica

22 €

Mecanografía

18 €

 

 

Leer más...