ENTRADAS E SAÍDAS: HORARIOS E ORGANIZACIÓN
HORARIOS
Os horarios son xa os habituais do centro. Non hai entradas "escalonadas".
- Ed. Infantil/ Primaria: 9:00 -14:00 h.
- Ed. Secundaria: 8:30- 14:30 h.
- FPB: 8:50 -14:20 h.
ENTRADAS ED. INFANTIL
Os nenos e nenas, cos seus acompañantes, acceden pola Porta Sur e forman tres fileiras no patio cuberto de acceso a Infantil, na orde que se indica:
ENTRADAS E. PRIMARIA
Os nenos e nenas de Primaria entran pola Porta principal e diríxense ás filas nos puntos que se indican. As familias non os acompañan ao interior nese momento (poden entrar en canto o alumnado empece a subir e a zona se "despexe").
INSTRUCIÓNS COVID-19 CURSO 2022/23
A Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade veñen de publicar as seguintes RECOMENDACIÓNS en relación á xestión da Covid-19 para o curso 2022/23. Resumímolas a continuación, incluíndo cuestións que, aínda non aparecendo nas Instrucións das Consellería, poderían crear dúbidas entre a Comunidade Educativa:
PRESENZA DAS FAMILIAS NO CENTRO
-
As
familias poden acceder a todos os espazos do centro, evitando aglomeracións.
-
As
titorías poden ser presenciais, coa ventilación axeitada.
-
Pódense
celebrar eventos e actos conxuntos, preferentemente ao aire libre.
TEMPO DE LECER / PATIO
-
Pódese
mesturar alumnado de diferentes grupos.
VENTILACIÓN
- 15 minutos iniciais e 15 minutos finais
Ventilaranse as aulas durante os recreos
- Hai que procurar manter aberto todo o tempo posible, cando a climatoloxía o permita.
LIMPEZA DO CENTRO
-
Todas
as estancias se limparán e desinfectarán unha vez ao día.
COMEDOR ESCOLAR-
- Non é necesario gardar distancias entre alumnado de diferentes cursos.
Manterase
ventilación constante durante o tempo do xantar.
-
Cepillado
de dentes: se a situación epidemiolóxica o permite, introduciremos aos poucos
este hábito.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E
COMPLEMENTARIAS
-
Sempre
que sexa posible, desprazarémonos a pé
-
No
caso de usar autobús ou outro medio de transporte, utilizaremos máscara.
-
Nas
Actividades Extraescolares permítese xuntar alumnado de diferentes grupos,
tanto ao aire libre coma en interiores.
-
Se
algunha actividade inclúe canto ou se empregan instrumentos de vento, hai que
procurar aumentar a ventilación e as distancias.
ALUMN@ CON SÍNTOMAS OU POSITIVO… Vén
ou non vén a clase?
-
NON hai obriga de illarse. Deben comunicar esta circunstancia, non obstante. En caso de acudir ao centro un alumno /a (ou calquera outra persoa) sendo positivo, debe utilizar máscara, extremar a hixiene de mans, evitar o contacto con persoas vulnerables...
POBOACIÓN VULNERABLE
-
Se
algun alumno/a sofre unha patoloxía que provoque dependencia e que faga que
sexa considerado poboación vulnerable, a familia debe comunicalo e as medidas,
neste caso, serán as que indique o seu médico ou pediatra.
REUNIÓNS INICIAIS
Calendario de reunións iniciais de curso:
-
- 4º E. Infantil (3 anos): Martes, 6 de setembro, 19:00 h.
- - 5º e 6º de E. Infantil (4 /5 anos): Mércores, 7 de setembro, 17 h.
- - 1º , 2º e 3º de E. Primaria: Mércores, 7 de setembro, 16:00 h.
- - 4º de E. Primaria: Xoves, 8 de setembro, 16:00 h.
- - 5º e 6º de E. Primaria: Xoves, 8 de setembro, 17.00 h.
- - ESO (todos os cursos): Xoves, 8 de setembro, 16:00 h.
As reunións para as familias terán lugar nas aulas respectivas de cada curso.
O uso de máscara é opcional.
INICIO CURSO 2022/23
BENVIDAS e BENVIDOS a este novo curso académico 2022/23!
Despois de dous anos complicados, confiamos en que este sexa o curso no que recuperemos a normalidade plena e deixemos atrás o pesadelo da Covid.
Este será, ademais, una ano de cambios e novidades, que vos iremos dando a coñecer aos poucos: comeza a súa andadura a Formación Profesional no centro, esperamos iniciar as mobilidades Erasmus+, o Diploma Dual de Bacharelato, os exames de Oxford... sen esquecer as cousas que continúan: a aula matinal, o servizo de comedor...
Con todo, estimamos que o que nunca, nunca, pode faltar é aquilo que precisamente máis nos identifica: a colaboración de alumnado, familias e Colexio para sacar o curso adiante e acadar o obxectivo que verdadeiramente nos une: tratar de facer polo noso alumnado todo o mellor que poidamos e que eles, nenos e nenas, mozos e mozas, sexan os grandes beneficiados do noso traballo común.
Por todo isto -e sempre cun ollo posto na situación sanitaria- arrincamos o curso cargados de ilusión, proxectos, ganas de mellorar... Ao longo dos próximos días iremos comunicando horarios, datas de reunións iniciais - enviaranse hoxe mesmo-, materiais necesarios... tanto na web coma nas redes sociais. Estamos en marcha!
Que o Divino Maestro nos guíe e protexa sempre e, moi especialmente, neste novo camiño que estamos a comezar.
O Equipo Directivo