Cos nosos mellores desexos de amor, saúde, paz e prosperidade dicímosvos:
SUBVENCIÓN AULAS DIXITAIS: Fondos NextGeneration UE- Plan de Recuperación-Xunta de Galicia
- Aumentar o nivel de competencias dixitais mediante accións dirixidas a diversos grupos de poboación.
- Transformación dixital da educación: instalación, actualización e mantemento de sistemas dixitais interactivos (SDI) co fin de permitir a aprendizaxe a distancia e mixta.
- Dispoñer recursos tecnolóxicos que permitan a mellora e o avance cara unha educación de calidade.
- Posibilitar a competencia dixital do alumnado, para unha integración na sociedade e no mercado laboral do século XXI.
EXTRAESCOLARES 2023/24
INFANTIL
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
16:00 |
Música e
movemento Inglés |
Baile |
KÁRATE Fútbol
sala: iniciación |
Inglés |
Fútbol Sala: Iniciación |
17:00 |
|
Ximnasia
Rítmica |
|
Karate (6º
Infantil) |
|
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
16:00 |
Música
e movemento (Iniciación
ao baile tradicional) |
Karate Baile |
GRUPOS
DIVINO MAESTRO |
KARATE (3º
a 6º) .
Inglés |
.
Robótica .
Fútbol
S. (3º e 4º Primaria) . Inglés |
17:00 |
|
Ximnasia
rítmica |
Voleibol |
Voleibol Karate
1º/2º
Primaria |
Fútbol
Sala (1º/2º Prim.) |
** GRUPO MÍNIMO: 8 alumnos/as; de non acadarse este número non se garante a realización destas actividades. Grupo máximo: 15/20 participantes por grupo segundo a actividade.
** INSCRICIÓN: do 11 ao 27 de setembro. Actividades do 1 de outubro ao 16 de xuño (medio mes de pagamento). Recoller folla de preinscrición en Conserxería. Cada actividade fará a súa inscrición posteriormente.
** PREZO MENSUAL PREVISTO:
Baile |
18 € |
Kárate |
25 € / 13 € - 1 hora (Infantil) |
Inglés |
40 € |
Fútbol Sala |
22 € / Iniciación Infantil 17
€. De se constituír
equipo federado habería que engadir ese custo. |
Ximnasia rítmica |
18 € |
Robótica |
22 € |
Grupos DM |
5 € |
Música e
movemento |
16 € |
Voleibol |
20 € |
INFORMACIÓNS INICIAIS: horario do 1º día, titores, reunións comedor, aula matinal...
COMEZO DAS CLASES
ü ESO: 09:30 – 13:30 (garántese a atención en caso de necesidade de 08:30 a 14:30 e de 16:00 a 17:50)
ü FPB: 09:30 -14:30 (garántese a atención en caso de necesidade de 08:30 a 14:30 e de 16:00 a 17:50)
o 4º Ed. Infantil: Teresa Freire
o 5º Ed. Infantil: Marta Laso
o 6º Ed. Infantil: Dulce M. Carregal
o 1º Ed. Primaria: Mª Carmen Campo
o 2º Ed. Primaria: Eva Chouse
o 3º Ed. Primaria: Aranza Barrio
o 4º Ed. Primaria: Miguel Ángel Fole
o 5º Ed. Primaria: Javier Martínez
o 6º Ed. Primaria: Manuel Costa
o 1º ESO: Rebeca González
o 2º ESO: Carlos Fontela
o 3º ESO: Rubén Cela
o 4º ESO: Ana Iglesias
o 1º FPB: Mª Jesús Freire
o 2º FPB: Alejandro Pérez
Ø 4º Ed. Infantil: Venres, 08/09/2023: 13:00 h.
Ø 5º e 6º Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria: Martes, 12/09/2023: 17:00 horas
Ø 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: Martes, 12/09/2023: 16:30 horas
Ø ESO e FPB: Martes, 12/09/2023: 16:00 horas
Breve encontro inicial no ximnasio e, a continuación, coas titoras/es nas aulas.
Comeza a funcionar o día 11. O prezo non varía. Tedes toda a información AQUÍ. Imprescindible anotarse aínda que o alumno/a en cuestión xa asistise o curso pasado.
Novidade: Está dispoñble desde as 07:45. O prezo non varía. Tedes toda a información AQUÍ.
INICIO CURSO 2023/24
BENVIDAS E BENVIDOS a este novo curso académico 2023/24!
Iniciamos unha nova aventura, comezamos un novo curso escolar no que, coma sempre, non faltarán éxitos e fracasos, risas e choros, aprendizaxes e dificultades, progresos e atrancos...
Este ano temos por diante retos apaixonantes: comeza o 2º curso de FPB, avanza o proceso de dixitalización do ensino nalgúns cursos, aumenta o número de alumnado matriculado no Diploma Dual, esperamos arrincar os exames de Oxford, aumenta o horario da Aula Matinal... coma sempre trataremos de sacar isto adiante da maneira que nos é propia e que nos caracteriza: coa colaboración e a unión de alumnado, familias e profesorado... únenos un obxectivo común: conseguir que o noso alumnado, as nenas e nenos do Divino Maestro, se desenvolvan o mellor posible e acaden todo aquilo que se propoñan ao tempo que medran como persoas íntegras e cidadáns plenamente capacitados para se valer no mundo no que lles vai tocar vivir. E todo isto queremos facelo desde a ollada evanxélica e os valores que nos son propios desde que Francisco e Soledad botaron a andar, vai camiño dos 100 anos, os Colexios Divino Maestro.
Por todo isto é que arrincamos cargados de ilusión, proxectos, ganas de mellorar... en moi breve imos ir comunicando horarios, datas de reunión, materiais necesarios... Estamos en marcha!
Vémonos nuns días!
O Equipo Directivo