INFORMACIÓN: informacións varias relativas ao inicio de 
curso / materiais necesarios / recollida de alumnos/as... Se alguén ten 
algunha dúbida pode pasar polo centro no horario indicado. Senón, pode 
entregar a documentación en calquera momento antes do inicio de curso 
(respectando medidas de seguridade)
Enderezo para a entrega de documentación:
cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es
LIGAZÓNS PARA VER A INFORMACIÓN DETALLADA DE CADA ETAPA:
- INFORMACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL
AUTORIZACIÓNS / INSCRICIÓNS: Achegámosvos numerosas follas de inscrición
 / autorizacións para que nos devolvades cubertas. Algunhas son 
obrigatorias: Declaración COVID, Recollida de datos... Outras son moi 
recomendables, sen ser obrigatorias (Tokapp, Autorización imaxe....) e, 
outras, dependen de se vos interesa ou non a actividadade (Aula Matinal,
 Extraescolares...) Podedes devolvelas o luns pola tarde, polas mañás 
antes do inicio de curso, por correo electrónico...
Enderezo para a entrega de documentación:
cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es
Ao facer os ingresos poñer como concepto:
TOKAPP * nome alumno
Seguro voluntario + nome alumno
TOKAPP: É un novo sistema de información e comunicación do colexio e o 
profesorado coas familias a través do móbil. Ten un custo anual de 
3 euros por familia (aínda que teña varios fillos) e é de 
carácter voluntario. Poden recibir mensaxes tanto o pai coma a nai e parécenos que pode ser moi útil. Poderase aboar tamén mediante tranferencia bancaria aos números de conta do colexio. Ver información que se achega.
EXTRAESCOLARES: só se levarán a cabo se hai un número suficiente de 
alumnado da mesma aula (non se romperán os grupos burbulla, polo tanto)
PROTOCOLO COVID: Actualizarase o luns pola mañá con algunhas novidades e algúns cambios sobre a versión inicial.
LIGAZÓNS PARA AS AUTORIZACIÓNS / INSCRICIÓNS:
HORARIOS INICIO DE CURSO: NON HABERÁ HORARIO ESPECIAL DO PRIMEIRO DÍA 
PARA PRIMARIA E INFANTIL 4 E 5 ANOS, SÓ SE MANTÉN O PERÍODO DE 
ADAPTACIÓN DE INFANTIL 3 ANOS. COMEZAMOS CO HORARIO QUE FIGURA NO 
PROTOCOLO COVID
 
Leer más...