Comeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022-23... Queres vir coñecernos??
NOVIDADES PROTOCOLO COVID-19
Ligazón para o texto íntegro: Versión 6: 14/01/2022
1.
CASOS CONFIRMADOS
Illamento domiciliario ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasasen 7 días desde que estes comezaron. Se non hai síntomas, deberá manter o illamento ata pasados 7 días desde a toma da mostra diagnóstica. Non se realiza nova proba para rematar o illamento e reioncorporarse ao colexio.
2.
CONTACTOS ESTREITOS
CASOS ESPORÁDICOS (ATA 4
POR AULA EN 7 DÍAS)
Infantil e Primaria
- Non se identificarán contactos estreitos.
- Non se realizará corentena.
- Non haberá probas diagnósticas.
- Extremaranse as precaucións nos seguintes dez días.
ESO
- Identificaranse contactos estreitos.
- Vixilancia ou corentena coma a poboación xeral.
- Proba diagnóstica para os corentenados.
AGRUPACIÓN DE CASOS (5 POR
AULA NO PRAZO DE 7 DÍAS)
O Centro notificará esta situación a Sanidade , que avaliará o risco e determinará como proceder.
3.
CRIBADOS
Non se recomendan neste momento.
4. CASOS SOSPEITOSOS ( febre, tose seca ou produtiva, dificultade respiratoria, dor de garganta, fatiga severa, falta de olfacto, gusto, vómitos ou diarrea)
Non se debe acudir ao centro educativo. Hai que poñerse en contacto co pediatra/médico ou chamar ao 881540045. En caso grave, hai que chamar ao 061.
Se nos prescriben PCR ou proba de antíxenos, é obrigado illarse na casa ata ter o resultado. Os conviventes evitarán toda relación social prescindible ata que se confirme o resultado. Os que non teñan a pauta de vacinación completa non asistirán ao centro educativo ata que se resolva o caso, pero aqueles que si teñan a pauta completa poden asistir.
As ausencias derivadas de casos ou sospeitas de Covid son todas xustificadas pola familia, quen si ten obriga de comunicalas.
TEST DE SALIVA
A Consellería acaba de facernos chegar ao centro algúns test de saliva. Poden consultar, premendo AQUÍ, as condicións para seren proporcionados ao alumnado.
70 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE F. BLANCO NÁJERA
Hoxe lembramos ao noso fundador Francisco Blanco Nájera no 70 aniversario do seu pasamento. Viviu o Evanxeo ao modo de Jesús Divino Mestre, facendo da súa vida unha entrega aos máis necesitados da época.
Convidámosvos a que participedes no encontro virtual que celebraremos este sábado ás 16:00. Para iso podedes inscribirvos na seguinte ligazón:
E podedes acceder ao encontro nesta ligazón:
https://us02web.zoom.us/j/88020596660?pwd=N1NodHlrclo4VWlkVDVnWWJlaEZ0Zz09
Tamén podedes ver o vídeo conmemorativo do 70 aniversario do seu pasamento:
https://m.youtube.com/watch?v=pZGSkR4b2_U&feature=youtu.be
10 XANEIRO: REINICIO DAS CLASES
Mañá, luns, 10 de xaneiro reiníciase a actividade académica no colexio de forma presencial e de acordo coas novas pautas aprobadas polas autoridades sanitarias e educativas
- Os casos activos de COVID deberán seguir un illamento de 7 días desde o inicio dos síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de ser asintomático.
- Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días e prestarán atención ao inicio de síntomas, pero en principio non requirirán illamento.
- O alumnado menor de 12 anos sen a pauta vacinal completa que sexa contacto estreito fará unha corentena de 7 días.
- A pertinencia de probas diagnósticas, tests de detección, etc. será sempre determinada por Sanidade en función da situación do momento.
- O alumnado entre 5 e 11 anos ten agora mesmo dispoñible nas farmacias un test de saliva de xeito gratuíto.
BO NADAL
CONSELLO ESCOLAR: PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS
Reunida a Xunta Electoral para a renovación parcial do Consello Escolar, proclamáronse as candidaturas que se amosan no taboleiro do centro e que corresponden ás seguintes iniciais:
Representantes de pais/nais:
§ N D M
§ B G T
§ T F S
§ R C F
Representantes de alumnado:
§ J S C
§
A N P
§ M R L
O sorteo para as mesas electorais celebraranse o vindeiro venres, 19/11/21, e as votacións terán lugar 0 24/11/2021.
