INSTRUCIÓNS COVID-19 CURSO 2022/23

A Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade veñen de publicar as seguintes RECOMENDACIÓNS  en relación á xestión da Covid-19 para o curso 2022/23. Resumímolas a continuación, incluíndo cuestións que, aínda non aparecendo nas Instrucións das Consellería, poderían crear dúbidas entre a Comunidade Educativa:



PRESENZA DAS FAMILIAS NO CENTRO

-        As familias poden acceder a todos os espazos do centro, evitando aglomeracións.

-        As titorías poden ser presenciais, coa ventilación axeitada.

-        Pódense celebrar eventos e actos conxuntos, preferentemente ao aire libre.

TEMPO DE LECER / PATIO

-        Pódese mesturar alumnado de diferentes grupos.

VENTILACIÓN

-        15 minutos iniciais e 15 minutos finais 

    Ventilaranse as aulas durante os recreos 

-        Hai que procurar manter aberto todo o tempo posible, cando a climatoloxía o permita.

LIMPEZA DO CENTRO

-        Todas as estancias se limparán e desinfectarán unha vez ao día.

COMEDOR ESCOLAR-      

-        Non é necesario gardar distancias entre alumnado de diferentes cursos.

    Manterase ventilación constante durante o tempo do xantar.

-        Cepillado de dentes: se a situación epidemiolóxica o permite, introduciremos aos poucos este hábito.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

-        Sempre que sexa posible, desprazarémonos a pé

-        No caso de usar autobús ou outro medio de transporte, utilizaremos máscara.

-        Nas Actividades Extraescolares permítese xuntar alumnado de diferentes grupos, tanto ao aire libre coma en interiores.

-        Se algunha actividade inclúe canto ou se empregan instrumentos de vento, hai que procurar aumentar a ventilación e as distancias.

 

ALUMN@ CON SÍNTOMAS OU POSITIVO… Vén ou non vén a clase?

-        NON hai obriga de illarse.  Deben comunicar esta circunstancia, non obstante. En caso de acudir ao centro un alumno /a (ou calquera outra persoa) sendo positivo, debe utilizar máscara,  extremar a hixiene de mans, evitar o contacto con persoas vulnerables...

 

POBOACIÓN VULNERABLE

-        Se algun alumno/a sofre unha patoloxía que provoque dependencia e que faga que sexa considerado poboación vulnerable, a familia debe comunicalo e as medidas, neste caso, serán as que indique o seu médico ou pediatra.

Leer más...

REUNIÓNS INICIAIS

 Calendario de reunións iniciais de curso:

-   


     - 4º  E. Infantil (3 anos): Martes, 6 de setembro, 19:00 h.

-     -   5º e 6º de E. Infantil (4 /5 anos): Mércores, 7 de setembro, 17 h.

-        - 1º , 2º e 3º de E. Primaria: Mércores, 7 de setembro, 16:00 h.

-        - 4º de E. Primaria: Xoves, 8 de setembro, 16:00 h.

-        - 5º e 6º de E. Primaria: Xoves, 8 de setembro, 17.00 h.

-        - ESO (todos os cursos): Xoves, 8 de setembro, 16:00 h.

       As reunións para as familias terán lugar nas aulas respectivas de cada curso.

       O uso de máscara é opcional.

        

Leer más...

INICIO CURSO 2022/23

 


 BENVIDAS e BENVIDOS a este novo curso académico 2022/23! 

    Despois de dous anos complicados, confiamos en que este sexa o curso no que recuperemos a normalidade plena e deixemos atrás o pesadelo da Covid.

    Este será, ademais, una ano de cambios e novidades, que vos iremos dando a coñecer aos poucos: comeza a súa andadura a Formación Profesional no centro, esperamos iniciar as mobilidades Erasmus+, o Diploma Dual de Bacharelato, os exames de Oxford... sen esquecer as cousas que continúan: a aula matinal, o servizo de comedor... 

   Con todo, estimamos que o que nunca, nunca, pode faltar é aquilo que precisamente máis nos identifica: a colaboración de alumnado, familias e Colexio para sacar o curso adiante e acadar o obxectivo que verdadeiramente nos une: tratar de facer polo noso alumnado todo o mellor que poidamos e que eles, nenos e nenas, mozos e mozas, sexan os grandes beneficiados do noso traballo común.

    Por todo isto -e sempre cun ollo posto na situación sanitaria- arrincamos o curso cargados de ilusión, proxectos, ganas de mellorar... Ao longo dos próximos días iremos comunicando horarios, datas de reunións iniciais - enviaranse hoxe mesmo-, materiais necesarios... tanto na web coma nas redes sociais. Estamos en marcha! 

Que o Divino Maestro nos guíe e protexa sempre e, moi especialmente, neste novo camiño que estamos a comezar.                                                             

            O Equipo Directivo


Leer más...

PREVISIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022/23


 Achegamos previsión de actividades extraescolares para o curso que vén: non é unha listaxe definitiva nin pechada. En setembro retomaremos este tema e ofreceremos a versión definitiva o antes posible. En todo caso, non debería diferir moito do seguinte:

Coma sempre, requírese un número mínimo de participantes para poñer en marcha a actividade (8 alumnos/as).

 

Leer más...

LIBROS DE TEXTO CURSO 22-23

 


Pode consultar a lista de libros de texto de Infantil e Primaria
para o curso 2022/23 aquí.

Pode consultar a lista de libros de texto da ESO para o curso 2022/23 aquí.
Leer más...

OXFORD TEST OF ENGLISH: XA SOMOS CENTRO EXAMINADOR AUTORIZADO


Desde hoxe somos CENTRO EXAMINADOR oficial de Oxford.
O Oxford Test of English, certificado pola Universidade de Oxford, verifica a competencia lingüística do alumnado de forma fiable e segura e ten sido desenvolvido e validado por Oxford University Press en colaboración cun equipo de expertos independentes. Esta certificación goza do recoñecemento do Ministerio de Educación, a Xunta de Galicia, a CRUE (universidades españolas)... e moitos máis.

En breve, anunciaremos as datas dos primeiros exames!

Queres máis información?? 

Está todo aquí:




Leer más...