En el nombre de las Misioneras del Divino Maestro y del Claustro de Profesores, GRACIAS por compartir con nosotros la celebración de Acción de Gracias por el 75 Aniversario.
Leer más...
EDUCAR É ENSINAR A VIVIR
EDUCAR É ENSINAR A VIVIR (FBN),
FACÉMOLO DESDE FAI 75 ANOS E NA CIDADE DO SACRAMENTO
DESDE FAI 70
FUNDADORES DOS COLEXIOS DIVINO MAESTRO
Os fundadores da
Congregación de Misioneiras do Divino Maestro foron:
Francisco Blanco Nájera e Soledad Rodríguez Pérez.
Francisco Blanco Nájera (Pachico)
Nace en Logroño o 24 de maio de 1889. Foi un neno alegre, trasno e con
grandes dotes para a música.
Con 13 anos ingresa no seminario, sendo ordenado sacerdote un 20 de
decembro de 1927.
Francisco foi un home coherente na súa vida, tiña un amor especial polos máis
pobres e o seu desexo era axudar para que neles a semente do Evanxeo medrara e
dera froito abundante. Morre un 15 de xaneiro de 1952.
Soledad Rodríguez Pérez (Solita)
Nace
en Zamora el día 1 de febreiro de 1904. Medra ao calor do amor de seus pais
Manuel e Paula. Soledad é unha nena sinxela, estudosa, alegre, creativa… aos 16
anos sente o desexo de ser relixiosa e non dubida en dar este paso, ingresando
nas RR. Escolapias. As súas clases eran unha delicia. Buscaba e poñía a
disposición das alumnas novos métodos e recursos pedagóxicos que influían
positivamente no seu desenvolvemento integral, as súas portas estaban abertas
porque ela albiscaba, que entre todos era máis doado o labor educativo. Estaba
namorada da súa vocación e profesión.
En 1941 Madre Soledad coñece a Francisco en Santa Victoria
(Córdoba). Soledad pertencía daquela ás R.R. Escolapias, e nunha das visitas que
Francisco fai á comunidade como deán da catedral intercambian as súas inquedanzas
comúns con respecto á educación das nenas de familias humildes e algo máis
tarde proponlle: Padre por que non facemos unha fundación para nenas pobres? O
12 de novembro de 1 944, o Dr. Blanco Nájera é consagrado Bispo da Diocese de Ourense.
Circunstancia imprevista, pero providencial, adianta o comezo da nova Obra. O 7
de decembro de 1944 sae da congregación das Escolapias Madre Soledad, xunto con
outras compañeiras, e nace coa axuda de Francisco Blanco Nájera unha nova
Congregación, que ten como ideal “levar a luz da verdade e o lume do seu amor á mente e ao corazón de
todos os homes” a través da educación.
O 10
de marzo de 1945 inaugúrase o primeiro colexio da congregación de RR.M.D.M. en Baza (Granada), de aí vén a nosa
celebración nesta data.
Na súa orixe, os Colexios “DIVINO
MAESTRO” nacen como colexios públicos. Os fundadores tiñan un interese
especial en que a ensinanza fose completamente gratuíta. D. Francisco
informouse debidamente no MINISTERIO DE EDUCACIÓN e atopou a solución: os
Padroados, colexios públicos de réxime especial nos que as maestras tiñan que
ser funcionarias e propostas pola Entidade á Autoridade Educativa Competente.
Na súa orixe foron concibidos como colexios de nenas e de feito seguiron séndoo
ata o curso 1 987-88.
Ao longo destes anos os colexios Divino Maestro de España pasaron por unha
serie de transformacións. O curso 1997-98 foi o último curso como colexios
públicos.
O
curso 1998-99 estréanse como colexios concertados, o que dá lugar a que nos
nosos centros houbera profesores funcionarios (os definitivos que quixeron
continuar) e os que foron contratados de novo.
No momento actual, a Institución
pretende recrear a experiencia carismática orixinal e, a partir dela, responder
de maneira significativa aos retos do novo milenio, compartindo cos segrares
o carisma fundacional. A Misión compartida é un modo privilexiado de recrear
hoxe o noso Carisma e ver como se vai enriquecendo ao compartilo cos laicos.
FUNDACIÓN DA
CASA DE LUGO
O 1 de setembro de 1949 chegan
a Lugo as primeiras irmás, o edificio estaba situado no nº 9 da rúa Monforte,
eran unhas casiñas alugadas, e alí estarán ata que se construíra o edificio actual,
que se inaugurou en 1967.
Estaban situadas ao norte da cidade no
barrio de Paradai de Abaixo. Eran unhas casas moi pequenas, de so unha planta
onde tiñan as seis clases e vivían as irmás nun espazo mínimo. Tiñan un pequeno
xardín ao entrar e catro pequenas portas –pois eran catro casas pegadas- con
catro ou cinco chanzos de pedra que daban acceso ao inmoble. Por dentro
comunicábase todo. No baixo da casa había a un lado unha carboeira e ao outro lado,
separado por un pequeno muro, unha serraría de madeira. A mediodía unha parte
das clases transformábanse en comedor e vertedoiro e nas outras a maioría dos
fins de semana eran salón de actos con escenario para representar pequenas
obras de teatro feitas por nenas e mozas que asistían ao Centro.
En canto as nenas remataban as súas clases, eses locais, coma todos os da
congregación, enchíanse de mozas obreiras para poder recibir formación cultural
e relixiosa.
Desa etapa, na rúa Monforte, contactamos
con varias ex-alumnas, que nos fixeron chegar esta parte gráfica e que lembran aínda
hoxe o seu paso polo cole con moito agarimo. Tamén coñecemos outra persoa que
está a piques de cumprir 97 anos e que é testemuña de excepción da formación
cultural e relixiosa.
INAUGURACIÓN DO
EDIFICIO ACTUAL
En 1967 ten
lugar a inauguración do novo edificio do Colexio Divino Maestro en Lugo,
situado ao oeste da cidade, no barrio das Casas Sindicais, que inicialmente se
denominaría segunda calle de Domingo
Tallo nº 34, e que máis tarde foi coñecida como rúa Portugal.
O Centro está situado nun barrio duns 18000 habitantes procedentes a maior
parte de zonas rurais da provincia. O nivel socioeconómico dos nosos alumnos é
medio-baixo. No seu comezo o novo colexio prestaba tamén servizo de comedor.
Foron moitas as xeracións de alumnas inicialmente e alumnos/as desde fai 32
anos, que pasaron polas aulas do colexio Divino Maestro de Lugo, tendo a
maioría unha excelente lembranza do cole e do profesorado. Podemos atopalos hoxe,
sendo moitos deles grandes profesionais no campo do ensino, da sanidade, do xornalismo, dos servizos...Tamén é
habitual ver polo noso cole aos exalumnos que nos visitan para contarnos as
súas experiencias despois de deixalo,
seguen considerándoo coma a súa segunda casa ...Tamén nos resulta moi grato
abrirlles as nosas portas aos/ás exalumnos/as que veñen ao cole para solicitar
praza para os seus fillos, sendo tamén algúns deles os que se comprometen a
colaborar na ANPA.
A presenza das RR. Misioneiras do Divino Maestro na Cidade do Sacramento
cumpriu os 70 anos o 1 de setembro
de 2019, pero a nivel institucional da Congregación o 10 de marzo de 1945 lembramos a apertura
dese primeiro colexio en Baza, por iso hoxe dicimos coa Congregación de
Misioneiras e Cooperadores Segrares do Divino Maestro, que celebra o 75 Aniversario do seu nacemento, “O Señor estivo grande connosco
e estamos alegres” (Salmo 125).
CARACTERÍSTICAS DO CENTRO
O colexio Divino Maestro de
Lugo é un Centro católico concertado ten unha única liña, que atende as necesidades de
arredor de 330 alumnos de E.I, E.P e ESO. Conta cunha longa tradición na zona e unha boa
imaxe que se traduce en numeroso alumnado e moita
demanda de prazas en Educación Infantil. A gran
maioría do alumnado procede do entorno do Colexio.
A maioría do profesorado é segrar así como o
Equipo Directivo e todos eles participan do Carisma fundacional: “Construír unha comunidade educativa que
evanxelice desde o compromiso da fe, tomando como referencia os valores e o
exemplo dos nosos fundadores, facendo presente no noso quefacer diario a
mensaxe de Xesús Divino Maestro”.
“O NENO É O CENTRO DA EDUCACIÓN”
F. B.N.
LIÑAS DE ACCIÓN EDUCATIVA
Desenvolvemento dos talentos a través
de proxectos de innovación e metodoloxías activas como a aprendizaxe
cooperativa, intelixencias múltiples, plurilingüismo... para ofrecer unha
educación de calidade nun proxecto educativo con máis de 70 anos de historia na
nosa cidade.
01 EDUCACIÓN EN PASTORAL
Unha educación en pastoral inspirada
nos valores evanxélicos axustada ás novas demandas sociais e educativas
actuais. Cun profesorado comprometido e moi activo no desenvolvemento do noso
ideario.
02 INNOVACIÓN PARA A MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA
Metodoloxía activa e inclusiva.
Intelixencias múltiples.
Rutinas de pensamento.
Traballo por proxectos (ABP)
Aprendizaxe cooperativa.
Potenciar a lectura (Plan Lector)
Mochilas viaxeiras (EP)
Encontros con escritores.
Centro integrado no PLAMBE plan de
mellora das bibliotecas de centros escolares.
Club de lectura na ESO.
Participación en encontros
científicos, Feira da Ciencia (A Coruña).
Visitas a museos e organizacións
dentro da programación de cada curso (Rutas literarias).
Concertos de música, contacontos,
teatro, concursos e exposicións.
Actividades e saídas á natureza.
Cursos e actividades de Educación
Viaria (EP) impartidos por técnicos profesionais (PIT)
Cursos de natación (3º e 4º EP)
Matic, programa de innovación de
matemáticas
03 RELACIÓN FAMILIA ESCOLA
Programa afectivo sexual 6º E.P.
Obradoiros coas familias nas etapas
de E.I. e E.P. familia e escola están a traballar xuntas.
Titorías individualizadas coas familias.
Campañas solidarias (Operación quilo,
Semana Solidaria, Día de Misións...)
Temos unha ANPA activa e moi
comprometida co colexio. Con numerosas actividades para os seus socios.
A ANPA para a directiva actual é un modo de
facer partícipes ás familias no colexio, ter uns vínculos entre as familias a
través das distintas actividades que ofertamos ao longo do curso (actividades
extraescolares, excursións, festas, charlas...) e que as relacións vaian máis
aló de levar e recoller aos nosos fillos cada día.
Para a directiva da ANPA o Colexio
significa moito na educación e aprendizaxe dos nosos fillos, varios dos membros
somos exalumnos do Centro e xa no seu día a educación recibida serviunos para
formarnos como persoas de ben.
Ao longo do ano temos varias
celebracións, nas que tamén se implica a ANPA: Festa do Outono, Divino Maestro,
Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas, Festa Misioneira...o que a
Dirección deste Centro agradece dun xeito especial.
Ademais destas festas desenvólvense
no Centro distintas actividades co fin de achegar a escola ás familias.
Coaching familiar en estreita colaboración co Instituto da Familia
de Ourense (O arte de preguntar e de escoitar, xestionar emocións...)
En colaboración coa Policía Nacional,
charlas–coloquio sobre diferentes temas de gran actualidade ( riscos en
internet, acoso escolar, violencia doméstica...)
PLURILINGÜISMO UNHA APOSTA POLO FUTURO EDUCATIVO DOS NOSOS ALUMNOS
Mellora as funcións cognitivas, ao
facilitar aos alumnos/as expresar as súas ideas de xeitos diferentes.
PROGRAMA BEDA
BILINGUAL ENGLISH DEVELOPMENT &
ASSESSMENT
Mellora
a capacidade de retención memorística e de comprensión ao adquirir novos
idiomas e memorizar caracteres.
Expande a visión dos alumnos sobre o
mundo ao entender as diferentes culturas.
Mellores oportunidades académicas en
comparación con aqueles outros alumnos con estudos monolingües.
Romper a barreira comunicativa ao ser
quen de falar con novas persoas de calquera lugar do noso planeta.
Profesor nativo dende os tres anos
ata 4º da ESO.
Inmersión lingüística co alumnado da
ESO.
Francés na ESO.
Teatro en inglés.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA. UNHA EDUCACIÓN ADAPTADA AOS NOSOS
TEMPOS.
Aula de Educación Especial.
Especialistas PT e AL en todas as
etapas.
Reforzo e apio educativo.
Plan de acción titorial e PAD.
Orientación académica – profesional.
Visita a Universidades, F.P., Fundación TIC, charlas e obradoiros coas
familias.
Potenciación do Plan de Convivencia.
Seguimento e acompañamento titorial
ao longo de todas as etapas de formación no Centro.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Potenciación da competencia científica
coas actividades de Obradoiro Científico e Robótica.
Escola de Idiomas (Inglés)
GDM (Grupos Divino Maestro) para o
desenvolvemento integral do neno. Trabállanse os valores
AULA MATINAL
08 : 00 a 09 : 00 h
EDUCACIÓN INFANTIL
09 : 00 a 14 : 00 h
EDUCACIÓN PRIMARIA
09 : 00 a 14 : 00 h
EDUCACIÓN ESPECIAL
09 : 00 a 14 : 00 h
EDUCACIÓN SECUNDARIA
08 : 30 a 14 : 30 h
Luns 16 : 00 a 17 : 55 h
O Equipo Directivo ten un enorme interese en desempeñar a súa función
baseándose na comunicación, a escoita e a colaboración. Buscamos ser e dar resposta aos desafíos que
nos presentan os alumnos, a familia, a escola e, por extensión, a sociedade de
hoxe, a do século XXI.
ASÍ NOS VEN ALGÚNS MEMBROS QUE
FORMARON PARTE DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO: EXALUMNOS, MEMBROS DA ANPA E
MAESTRAS
PAULA SÁNCHEZ FLORES (EXALUMNA)
Formar parte da Familia do Divino
Maestro é un verdadeiro luxo, pero poder escribir estas palabras cheas de tan
boas lembranzas é unha gran responsabilidade. Non podería quedarme cun único
recordo fermoso daqueles anos, pero oxalá poida transmitirvos coas miñas
palabras a sinceridade coa que as escribo, e poidades sentirvos
identificados/as nalgún momento con elas e quizá sacarvos un sorriso cheo de
nostalxia.
Son unha alumna máis que cursou
EXB no Divino Maestro desde o ano 1985 ata o ano 1994. E por que escribo isto?
porque non se me ocorre unha forma mellor de agradecer o que supuxestes na miña
vida profesores, compañeiras e Colexio.
Se teño que destacar algo é que
non so saín cun bo “nivel académico”, iso era importante, por suposto, pero
falar de bo colexio é falar daquelo que che deixa pegada como persoa: compañeirismo, empatía, humildade, entrega,
sinceridade ou profesionalidade.
Lembro con especial agarimo as Festas:
O Nadal co Belén vivinte e no que todas tiñamos un lugar, o Entroido, a Canción
Misioneira, o mes de maio coa ofrenda das flores á Virxe, O Día das Letras Galegas
na que entre os aturuxos de Marisol (a
profesora de danzas) e Mª Teresa (a profe de Galego) cambiabamos a letra da
canción da “Rianxeira” pola que
correspondía a biografía do autor homenaxeado o 17 de maio. E por suposto, lémbrome
da Gran Festa do Colexio (“O Divino Maestro”, o 12 de novembro) onde nunca faltaba o boliño de leite coas
onzas de chocolate (sempre acompañado do noso Himno Colexial).
Creo que
isto que escribo non sería completo sen agradecer a todas e cada unha das
profesoras que tiven. Quero darvos as grazas por proporcionarnos o marco de convivencia no que
desenvolver unha etapa tan importante das nosas vidas, por educarnos nos Dereitos
Humanos, a solidariedade e axudarnos a medrar como persoas. Por suposto, grazas
pola formación académica que contribuíu a formar en nós un pensamento
crítico e por seguir a vosa labor con tantas e tantas
xeracións: Mari Paz, Rosa Barrio, Rosa Otero, a Irmá Flores, a irmá Carmen
Lago, Visitación (nunca esquecerei os longuísimos ditados polos que grazas a iso nunca tiven unha falta de ortografía) e
como non falar de Mª Teresa Rodríguez Pol, se penso no Colexio, é imposible que
non apareza nos meus recordos máis bonitos, foi para nós o noso referente.
Mentiría si non dixese que con ela aprendemos a entrega e o amor “polas cousas
ben feitas”, o compañeirismo, e sobre todo aprendemos a que todo esforzo ten a
súa recompensa. Grazas por darme a oportunidade de
participar no concurso da “Liga de Papel”, que convocaba El Progreso (Agora tan
de moda o traballo por Proxectos na Aula). Un verdadeiro proxecto de hai 19
anos, incrible non?). Graciñas por crer en min cando decidín dedicarme á
profesión máis bonita do mundo: ser matrona. Acompañar ás mulleres no día máis
importante das súas vidas. “Ti podes facer todo o que te propoñas”, dicíame
ela. Graciñas por ensinarme daquela os
valores necesarios para ser unha profesional competente e comprometida coa
sociedade de hoxe.
E como estamos de aniversario,
vou a rematar con parte dunha canción que marcou o noso paso polo Colexio: o
Himno do Divino Maestro que tantas veces
cantamos:... ¡Alumnos, Padres, Profesores unidos, el Divino Maestro lo ha logrado!” Para que
celebremos moitos máis xuntos…. Moitísimas felicidades!!!!
YOLANDA CARREGAL GONZÁLEZ
Escribo
estas palabras como ex - membro da ANPA do Colexio Divino Maestro durante os
anos que a miña filla estudou a ESO.
Dende que entrou no colexio con 3
aniños tiven claro a importancia de colaborar coa ANPA. Pasei a formar parte o
segundo ano da directiva para intentar
colaborar máis de cerca.
Sentinme acollida tanto por parte da
ANPA como da comunidade educativa. Traballamos xuntos en moitos proxectos, como
participar no Arde Lucus en representación do colexio, nas Festas Misioneiras ,
colaborabamos nas actividades educativas do centro,co alumnado da ESO nas súas
viaxes de fin de curso, etc.
Formou
parte importante do noso proxecto as actividades deportivas, ofertando
diversidade, dende fútbol, baloncesto, tenis, predeporte; xadrez, outras artísticas como pintura
creativa, arxila polimérica. Procurabamos ofertar o maior número posible de
actividades para que os pais puidesen conciliar co traballo. Os nenos
disfrutaban, facían deporte cos seus compañeiros de clase sen ter que
desprazarse seus pais todas as tardes para levalos a actividades extraescolares
fóra do colexio.
Pero todo isto non sería posible
sen a colaboración tan directa co profesorado que nos apoiaron sempre e por
suposto das familias do D. Maestro, sempre dispostas a botarnos unha man e
participar en todos os proxectos que xurdiron.
Mª TERESA RODRÍGUEZ POL (Maestra xubilada)
Ao rematar maxisterio, aló polo
curso 1977-78, comecei a miña andaina como mestra: a “Anexa Feminina”, o
Colexio do Incio, o Colexio de Paradela, a escola unitaria de Teixeira de
Caurel. Chega de novo o mes de setembro e tocaba pedir destino, mais este
saíume ao camiño, chámeme a Irmá Carmen Troncoso, Directora do C. Divino
Maestro, e faime a proposta de nomearme para unha unidade de nova creación; era
algo que non o podía crer, pero era real!!! E aquí comeza a miña andaina
no Divino Maestro; ata que me dan o meu
destino definitivo no Colexio de Alfoz. Foi só un curso, porque ao seguinte
reclámanme de novo para volver a retomar o meu longo camiñar de máis de tres décadas no “Divino Maestro”,
aquí creo que todos coñecedes ben o traballo feito e a gran sementeira en
tantas xeracións.
Agora tócame dicir GRACIÑAS: As Misioneiras do Divino Maestro, por vivir
xuntas o Carisma de Francisco e Soledad; a tantos compañeiros que partiron á
Casa do Pai, aos que camiñamos xuntos estes últimos cursos (e xuntos fomos:
Equipo, Familia, Claustro…); a tantos nenos e nenas que formaron parte da miña
vida, aos papás cos que tiven sempre unha gran proximidade e apoio no labor
educativo…, graciñas a todos.
Chegamos ao final do curso, é tamén o momento de agradecerlle a Xesús,
Divino Maestro, o feito de sentir o pracer de ensinar nesta escola ao longo de
tanto tempo. Foi para min unha verdadeira gozada ser mestra entre todos vós.
Quedan atrás moitas horas dedicadas a: programacións, reunións, preparacións de
clases, formación continua, corrección de exames, contacto cos pais e sobre
todo moitas horas dedicadas ás clases cos nenos, ao cole…que o levo moi dentro.
Que sigamos sendo entre
todos A GRAN FAMILIA DO DIVINO MAESTRO!!
Ao longo destes anos
gocei na escola e vivín para a escola, sempre me sentirei “MAESTRA”.
Ao rematar o curso 2013-14 digo adeus á miña vida profesional como
funcionaria do cole, son a penúltima que se xubila como tal no Centro.
Ata sempre amigos, verédesme moitas veces polo cole, segue sendo a miña
segunda casa. Quérovos a todos e lévovos
para sempre no meu corazón!.
OLGA FERNÁNDEZ LOPEZ (Maestra de Infantil
xubilada)
O meu primeiro contacto coas RR.Misioneiras do Divino Maestro foi como
alumna no colexio situado na rúa Monforte, alí recibín a formación necesaria
para o exame de ingreso ao Instituto Feminino de Lugo. Aprobado o exame pasei a
realizar os meus estudos no instituto, pero sen desvincularme nunca do que fora
o meu colexio, onde ía con outras compañeiras con frecuencia os fins de semana
e tamén acudía para resolver as dúbidas que se me presentaban nos meus
estudos...
Ao rematar maxisterio a finais do
curso 1 969-70 propuxéronme unha interinidade para substituír a unha relixiosa
de baixa por enfermidade, aceptei encantada, isto supoñía gañar algo e á vez
ter a posibilidade de preparar a oposición.
Aprobada a oposición, tiven a miña primeira escola como propietaria
provisional no Páramo, e máis tarde como propietaria definitiva: Friolfe
(Páramo), Casares (As Nogais), San Martín (Neira de Rei), Baralla e Begonte.
Estando no colexio de Begonte propóñenme volver de novo ao “meu colexio”,
en realidade nunca me marchara de todo, porque a el volvía con frecuencia como
profe novata en busca de axuda sempre que o precisaba, xa que nas relixiosas
maestras sempre atopei a acollida e axuda necesaria.
Comecei a traballar moi
feliz con profesoras relixiosas e segrares, tratando de imitar a aquelas maestras
que eu tiña como referencia pola súa dedicación e entrega.
Máis tarde cando o colexio pasou de público a concertado, aos profesores/as
funcionarios/as ofrecéusenos a posibilidade de continuar no colexio ou ir ao
noso posto no ensino público; algunhas optamos por quedarnos, eu fun unha
delas. Ao contar o colexio cunha funcionaria en Educación Infantil supuxo que a
educación de tres a catro anos fose totalmente gratuíta, algo que non ocorría
no resto dos colexios concertados.
No meu traballo como maestra de Infantil non notei ningunha diferenza,
seguía coa miña rutina de entrega aos máis cativos e ao colexio, cos mesmos
dereitos e deberes que tivera ata daquela e que non eran diferentes dos do
resto do persoal docente e así foi ata que chegou o día da miña xubilación
oficial, que nunca foi un adeus ao cole, porque desde que coñecín ás RR
Misioneiras do Divino Maestro, sempre foi a miña segunda casa; e na súa casa un
sempre é ben recibido, sempre hai un oco para el e as portas sempre están
abertas.
Coa miña xubilación, en xuño de 2016, pechouse no cole de Lugo unha etapa,
fun a última funcionaria en exercicio do Centro!!!!!
Só me queda dicir: Graciñas, Señor,
polo meu cole ao que lle debo gran parte do que fun e son!!!!
Estas foron as últimas maestras
funcionarias do noso colexio.
MODIFICACIÓN TASAS EXAMES CAMBRIDGE
MODIFICACIÓN
TASAS EXAMES CAMBRIDGE
Lugo , 6 de marzo de 2020
A continuación presentamos un breve resumo das datas de
matrícula, exames e prezo por se algunha familia desexa xestionar co centro a
matrícula.
|
Data matrícula
|
Data exame
|
Prezo
|
YOUNG LEARNERS ( Starters, Movers, Flyers)
|
Mes de abril
|
Semana do 15 de xuño
|
60€
(Starters)
63
(Movers)
66 €
(Flyers)
|
KET (A2)
|
18/04-28/04
|
6 de xuño
|
96€
|
PET ( B1)
|
18/04-28/04
|
6 de xuño
|
105€
|
As persoas interesadas dirixirse a coordinadora de
Plurilingüísmo, Mónica Rivas Cartoy
Suscribirse a:
Entradas (Atom)