OFERTA POSTOS ESCOLARES CURSO 2021/2022
ADMISIÓN CURSO 2021/22
INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022
CENTROS ADSCRITOS / DE ADSCRICIÓN
1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
O CPR Plurilingüe “Divino Maestro”
de Lugo non está adscrito a ningún outro centro, polo que nesta fase non
hai que facer ningún trámite: o alumnado do centro que continúa no centro ten a
súa praza reservada e o de nova incorporación fará a solicitude do 1 ao 22 de
marzo.
1. Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro.
2. Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
3. Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-22 de marzo.
4. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.
5. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
6. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
3ª FASE: MATRÍCULA
9. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
10. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
11. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.
2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN (1-22 de marzo)*
*Ampliado o prazo por non ser lectivo o día 20 de marzo.
1. Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).
2. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
3. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:
No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.
4. Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:
No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, até o 28 de febreiro.
5. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :
a) Recollendo o formulario Anexo II (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
b) Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision
c) e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
d) Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da
aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG 1 de febreiro de 2017)
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
(PÓDENSE
CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)
Para
ver mellor a imaxe, faga Ctrl+clic na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30060
CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
Criterio |
Puntuación |
Irmáns no centro |
Primeiro irmán: 8 puntos Segundo e seguintes: 2
puntos cada un |
Traballador do
propio centro |
3 puntos, non acumulables
por ambos proxenitores |
Proximidade do
domicilio familiar |
Na área de influencia: 6
puntos En áreas limítrofes: 3
puntos Noutras
áreas: 0 puntos |
Lugar de traballo
do pai, nai, titor |
Na área de influencia: 4
puntos En áreas limítrofes. 2
puntos Noutras áreas: 0 puntos |
Renda anual per cápita
da unidade familiar |
Inferiores a 0,5 veces o Iprem:
3 puntos
Igual ou superior a 0,5
veces e inferior a 0,75veces o Iprem: 2 puntos
Igual ou superior a 0,75
veces e inferior ao iprem: 1 punto
Igual ou superior ao
Iprem: 0 puntos |
Discapacidade |
No alumno/a: 4 puntos No pai, nai, titor/a: 3
puntos Irmán ou irmá: 1 punto
cada un |
Condición de Familia numerosa |
Categoría Xeral: 2 puntos Categoría Especial: 3
puntos |
Condición de
familia monoparental |
2 puntos |
Criterio do centro |
1 punto |
EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA NO CENTRO
Parece evidente, a día de hoxe, que non houbo transmisión dentro do centro, senón que se trata de casos claros de contaxios no seo das familias que non produciron novos casos no colexio, pese a haber contacto. Que quere dicir isto? pois que as medidas adoptadas no protocolo parecen funcionar, pois parecen evitar a transmisión: MÁSCARA, xel, ventilación e distancia! E dicimos isto con toda a prudencia do mundo: todos somos conscientes da fraxilidade da situación e vemos acotío como isto pode empeorar dun momento a outro.
Con todo, cómpre estar alerta ante calquera síntoma, optar sempre pola prudencia en caso de dúbida e tratar de protexernos: xurdirán novos casos e seguiremos tendo problemas.
NOVO LIBRO SOBRE A VIDA DOS NOSOS FUNDADORES
Co gallo do 75 aniversario da Congregación vénse de editar un novo libro sobre a vida dos nosos fundadores, Francisco Blanco Nájera e Madre Soledad, que se titula La inspiradora vida de Francisco y Soledad.
Resulta perfecto para mergullarvos na historia de Pachico e Soledad dunha maneira máis amena, divertida e chea de ilustracións.
INFORMACIÓN SITUACIÓN COVID19
Como cabía prever, a situación epidemiolóxica na nosa comunidade estase deteriorando a gran velocidade. No que se refire ao colexio, cómpre dicir que temos dous alumnos contaxiados, así coma varios confinados por contacto con positivos, aínda que o alumnado en cuestión dera negativo.
Igualmente, hai que dicir, aínda que nos afecte indirectamente, que hai varios positivos entre as familias, o que conleva as consabidas corentenas do alumnado convivinte. Con toda probabilidade, estes datos incrementaranse nos próximos días, de modo que temos que estar preparados.
Procuremos manter o contacto constante entre familias e centro educativo para que o alumnado sufra o menos posible no que se refire ao seu proceso educativo e prioricemos a saúde por riba de calquera outra consideración, así que extrememos as precaucións: máscara, distancia, ventilación, xel!
TELÉFONOS CONTACTO DO CENTRO:
- 982.216844
- 679.035722 (fóra do horario escolar)
CORREO-E: cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es