Hoxe tivemos o pracer de disfrutar do concerto didáctico
ofrecido pola “Escola Municipal de Música de Lugo” para todo o alumnado de
Educación Primaria. “CHEGAREMOS
VOANDO”. A VOLTA AO MUNDO EN 80 NOTAS!!!
No mes de febreiro saiu publicada a obra “Conociendo el aprender y su metamorfosis en Educación Infantil”. A súa coordinadora é Beatriz Páramo Iglesias, mestra de Educación Infantil e antiga alumna do noso colexio.
O libro expón o resultado da investigación que se desenvolveu en distintas escolas portuguesas, así como no noso centro, sobre a competencia de “aprender a aprender” e a súa metamorfose na etapa infantil.
Agradecémoslle á coordinadora que contase coa nosa colaboración e participación neste proxecto, xa que nos ofreceu unha perspectiva renovadora da nosa disciplina.
Os alumnos/as de 2ª de ESO están a recibir unha serie de charlas de educación afectivo-sexual impartidas polo Instituto Desarrollo y Persona de Madrid.
Estas mesmas charlas foron impartridas ás familias do centro.