ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 20/21




Leer más...

VÍDEO MISIONES 2020

Muchas gracias por aceptar el reto solidario, por vuestro compromiso con Venezuela. Tu ayuda da vida y esperanza. Campaña Misionera 2020.


Leer más...

CIRCULAR DIRECCIÓN


Benqueridas familias, 

Ante a confirmación por parte da Consellería de Educación (Resolución do 22-05-20) que non regresamos ás aulas neste curso 2019-20, a dirección do centro comunícalles:
-          Seguiremos traballando telematicamente ata o remate das clases, 19 de xuño.
-          Debido a suspensión de eventos no interior dos centro, teremos unha pequena despedida ao alumnado de 4º ESO en setembro, sempre que as condicións sanitarias o permitan.
-          As camisetas do 75 Aniversario entegaranse en setembro.
-          A avaliación do terceiro trimestre realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, valorarase o esforzo do alumno/a na realización das tarefas e actividades de repaso ou ampliación, o interese amosado no seguimento da actividade educativa desenvolvida no período non presencial.
-          As probas extraordinarias do mes de setembro (ESO), realizaranse na modalidade presencial ou non presencial, en función das condicións sanitarias existentes  no momento da súa celebración.
-          Como xa saben polas distintas circulares que ao longo do curso lles achegamos, o próximo curso escolar 2020-21 pasamos a Fundación Educativa  polo que haberá unha reorganización pedagóxica e os profesores non impartirán actividades extraescolares, quedando estas organizadas por empresas externas, agás Grupos Divino Maestro, por ser unha actividade que representa o noso Carácter Propio. Próxima publicación na páxina web do centro.

-          Organización de quendas para entrega e devolución do  fondo de libros e titorías:

XUÑO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
1
Entrega material 1º ESO
2
Entrega material 4º ESO

3
Entrega de solicitude Fondo de libros 6º EI de 9:00-14:00
4
Entrega de solicitude Fondo de libros 1º EP 9:00-14:00
5
Entrega de solicitude Fondo de libros 2º EP de 9:00-14:00
8
Entrega de solicitudes Fondo de libros 3º EP  de 9:00-14:00
9
Entrega de solicitudes Fondo de libros 4º EP  de 9:00-14:00
10
Entrega de solicitudes Fondo de libros 5º EPe 6º EP de 9:00-14:00
11
Entrega de solicitudes Fondo de libros 1º ESO e 2º ESO de 9:00-14:00
12
Entrega de solicitudes Fondo de libros 3º ESO  de 9:00-14:00
15
Devolución de Fondo de libros
3º EP (9:00-13:00)
16
Avaliación EI/EP
17
Devolución de Fondo de libros
4º EP(9:00- 13:00)
18
Entrega notas 9:00h EI/EP POR ABALARDevolución de Fondo de libros
5º EPe 6º EP (9:00-13:00).
TITORÍAS COAS FAMILIAS EI.
 CITA PREVIA COAS TITORAS.
9:30-10:30 6º EI
11:00-12:00 5º EI
12:30-13:30 4º EI
Estas entrevistas son voluntarias
19
REMATAN CLASES TELEMÁTICAS
TUTORÍAS COAS FAMILIAS EP. CITA PREVIA COS TITORES.
9:00-10:30
1ºEP(  entrada porta patio)
4º EP (porta ESO)
11:00-12:302ºEP(entrada porta patio)
6ª EP(entrada porta ESO)
12:30-14:00
3ºEP (entrada porta patio)
 5ºEP(entrada porta ESO)
Estas entrevistas son voluntarias
22
Avaliación ESO 9:15h
23
12:00 Entrega notas  ESO POR ABALAR

24
FESTIVO SAN XOAN
25
TUTORIAS FAMILIAS  ESO e Devolución Fondo de Libros.
9:00-12:00
2º ESO(porta ESO) 4º ESO( porta  patio)
12:15-14:00
1ºESO (porta ESO)
3º ESO( porta patio)
26
 A partir das 12:00 REUNIÓN FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2020-21 DE 4º EI
(entrega período de adaptación setembro)
Avisarase ás familias das quendas de asistencia.
NOVO PERIODO DE MATRÍCULA
Matrícula  EI e EP
Do 1 ao 10 de xullo
Matrícula ordinaria en ESO e BAC
Do 1 ao 10 de xullo
Matrícula extraordinaria en ESO e BAC
Do 1 ao 10 de setembro

FONDO DE LIBROS: remata o 19 de xuño
Listas provisionais EP e ESO:  6 xullo   Listas definitivas EP:10 de xullo
Listas definitivas ESO: 14 de setembro    
►A entrega dos librosdo fondo solidario do curso 2020-21 que lle corresponde a cada alumno, realizarase tanto para EP e ESO en setembro, debido a  que son libros que estiveron manipulados por diferente alumnado e hai que deixar un prazo prudencial antes da súa nova entrega.
Leer más...

INFORMACIÓN


Organización da Recollida de material do alumnado (dicionarios, carpetas, estoxos,…), reportaxe de fotos e recollida, se así o desexan, da solicitude de fondo de libros. 
Os centro permitirán a entrada dos proxenitores ou titores do alumnado para recoller o material destes dende o martes 26 de maio.  Cada titor faralle chegar polo correo de clase o día e hora de recollida tendo en conta o seguinte:
- Uso de máscara obrigatorio alumando,  proxenitores e profesores.
- Debe manterse distancia interpersoal de 2m.
- Os proxenitores non entrarán nas aulas, a entrega farase na entrada do centro.
- Cita previa a través do titor/a.

HORARIO:
-1º de EP: MARTES 26
- 2º EP: MERCORES 27
- 3º EP e 4º EP: XOVES 28. 3º EP (ZONA  CARTELEIRA) e 4º EP ( ZONA PORTA XIMNASIO)
- 5º EP e 6º EP: VENRES 29. 5º EP (ZONA  CARTELEIRA) e 6º EP ( ZONA PORTA XIMNASIO).
2º ESO:  Martes 26
3º ESO: Mércores 27.
1º ESO: LUNS 1 DE XUÑO. Recollida de material.
4º ESO: MARTES 2 DE XUÑO. Recollida de material.
A devolución  de libros de texto farase a última semana de clase (15-18 de xuño) agás os alumnos que teñan materias pendentes que o farán en setembro
INFORMACIÓN  FONDO DE  LIBROS NA PÁXINA WEB DO CENTRO.
Leer más...

FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020-21

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).



NORMATIVA: ORDE do 12 de maio de 2020.

PRAZO
Prazo de presentación: 20/05/2020 - 19/06/2020 (incluído).


ALUMNADO AO QUE VAI DIRIXIDO
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e EE.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.  


RENDA PER CÁPITA:  
É a renda da unidade familiar entre o número de membros computables, recadros 435+460, para os que presentaron declaración do IRPF no ano fiscal 2018.


UNIDADE FAMILIAR:
Composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2018, agás no relativo á violencia de xénero, caso en que se aplicará o disposto na lexislación específica.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
O prazo para presentación de solicitudes remata o día 19 de xuño de 2020 (incluído).



Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alum-nado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con quen conviva en acollemento familiar. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean ad-mitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de es-tudos que espera realizar cada un deles no citado curso.


Solicitude que se pode recoller no propio centro, por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 


Poderanse presentar ,tamén,  as solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común ou de xeito telemático.


Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os de-mais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
 1º. Certificado ou volante de convivencia.
 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sina-lado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.



DATAS DE PUBLICACIÓN:
-    Listaxes provisionais EP e ESO: 6 de xullo.
-    Listaxes definitivas EP: 10 de xullo.
-    Listaxes definitivas ESO: 14 de setembro.
Leer más...