COMPRA DE CHÁNDAL/ MANDILÓN/CAMISETA

Desde hoxe pódese adquirir o chándal, a camiseta ou o mandilón a través da páxina web. De feito, esta é a única maneira de adquirilos. 

Como facelo? Pois hai que premer no botón lateral da páxina ou na ligazón marcada no titorial, que vos remitirá ao punto de venda e seguir os pasos que se indican. Deixamos un pequeno titorial para as dúbidas que poidan xurdir. 

En IDENTIFICADOR DE COLECTIVO a clave que corresponde ao cole de Lugo é: Divmae1945-2

Calquera problema, chamar ao centro (982.216844)

 

TITORIAL

 

El acceso se realiza a través del siguiente enlace www.montytienda.es

 

  Para poder realizar una compra tendremos que crear una cuenta

 

 

Nos solicitará que introduzcamos nuestros datos personales y el identificador del colectivo. El identificador de colectivo es el número que identifica de qué centro queremos comprar uniformidad.

 


 

Los identificadores de colectivo son los siguientes:

 

 

 

Divino Maestro Lugo

Divmae1945-2

 

 



 

Tras crear nuestra cuenta, accederemos a las prendas en venta de nuestro colegio y podremos añadir prendas a nuestro carrito, como en cualquier página de venta online.

 


 

Una vez que tengamos el carrito completo, confirmaremos la compra:

 

Tendremos que seguir los pasos marcados para finalizar la compra:

 

 

Para pedidos superiores a 150€ el transporte es gratuito y se entrega en el domicilio de las familias. Para pedidos inferiores a 150, el envío es gratuito si se seleccionada la entrega en el colegio y 9€ si la entrega es en el domicilio de las familias.

 

Las entregas al colegio se harán semanalmente durante el mes de septiembre, a partir del 4 de septiembre. Las entregas en el domicilio de las familias se harán tras 48/72 horas, transcurridas desde el pago del pedido.

 

El pago del pedido se puede realizar a través de tarjeta de crédito o transferencia bancaria.

Leer más...

INFORMACIÓN

Recollida cheque material de 9:00 a 12:00, para aquelas familias q non o fixeron en xullo:

Xoves 3,  para 1º e 2º de EP
Venres 4, para 3º e 4º de EP
Luns 7, para 5º e 6º de EP
Martes 8, para 1º e 2º da ESO
Mércores 9, para 3º e 4º da ESO
Leer más...

COMUNICADO

 Benqueridos alumnos, familias, profesores e resto da comunidade educativa:

Diríxome a vós para comunicarvos que hoxe remata a miña etapa como Directora deste centro, ao que tanto cariño lle proceso. Por iso, quixera que estas últimas verbas de despedida fosen para expresar o meu profundo agradecemento a todos os membros da comunidade educativa  especialmenteao meu equipo directivo: Antonio (XE), Dulce, Miguel, Olga (coordinadores de etapa) e Rubén (Acción Evanxelizadora); que prestaron o seu servizo con ilusión e esforzo para sacar adiante o proxecto educativo do centro.

Grazas á Institución e á comunidade de relixiosas de Lugo pola confianza depositada e pola entrega e apoio recibido ante as diferentes iniciativas levadas a cabo por este equipo ao longo destes anos. Tiven a sorte de traballar cun claustro de profesores comprometidos e ilusionados coa tarefa docente e co ideario e a identidade que os nosos fundadores, Francisco e Soledad, marcaron fai xa 75 anos.

Quero expresar tamén un agradecemento especial aos alumnos e ás familias pola acollida e agarimo que nos brindastes, e gustaríame  destacar especialmente a vosa fortaleza neste final de curso tan convulso debido a situación sanitaria que nos tocou e nos sigue tocando vivir. Son consciente da vosa preocupación, sei que todos tedes o corazón e a cabeza posta en setembro, polo que quixera mandarvos unha mensaxe de tranquilidade porque, coma sempre, estamos a traballar para garantir a educación dos vosos fillos en condicións de máxima seguridade.

Tamén quero agradecer á ANPA a súa aportación á vida do centro e a súa labor e esforzo para axudar a crear “familia Divino Maestro”.

Aproveito para dar  a benvida ao novo Equipo Directivo: Xosé Luís García Rodríguez (Director), Mª del Carmen Gómez Seijas (Xefa de Estudos), Rubén Cela Fernández (D. Acción Evanxelizadora) e Diego Domínguez Cabral (Administrador); ao cal apoiaremos e estaremos ao seu servizo  para seguir facendo deste colexio un centro de calidade que EDUQUE dende o AMOR.

Contade sempre co meu apoio e cariño.

Recibide unha aperta fraternal. Deséxovos un bo comezo de curso!

Mónica González Carballo.

Leer más...

EXAMES DE SETEMBRO

Lembramos ao alumnado da ESO que os exames de setembro terán lugar os días 1 e 2 nos horarios xa comunicados.

Non se poderá acceder sen máscara nin prescindir dela en ningún momento.
Cadaquén levará o seu propio material de escritura.
Haberá controis de temperatura (non se poderá acceder con temperatura superior a 37´5°).
É obrigatorio hixienizar as mans á entrada e entre proba e proba.
Non se poderá permanecer no centro ao remate do exame.
As mesas e cadeiras serán desinfectadas entre cada proba.
Nos corredores, e na entrada circularase sempre pola dereita, subindo pola escaleira da ESO e baixando pola central.

GRAZAS a todas e todos pola colaboración.
 
Equipo Directivo
Leer más...

COMUNICADO

Ante as numerosas preguntas de distintas familias, queremos insistir: estamos traballando no protocolo a seguir nesta curso. O día 1 publicaremos na web un adianto das medidas máis salientables, que xa vos podemos dicir que serán o máis estritas que a lei permite. Nesa primeira semana, coas achegas da totalidade do claustro e da ANPA, remataremos o protocolo, que deberá ser aprobado pola Inspección Educativa. 

 
Na semana do 7 ao 10 de setembro, antes do comezo das clases será dado a coñecer a todas as familias en reunións no centro, xa se indicará como e de que maneira. 
 
Insistimos na mensaxe de calma: faremos todo o que se poida facer para garantir a saúde de todos. Pedimos un pouco de calma: cada cousa ten o seu tempo. Estamos traballando.
 
Equipo Directivo
Leer más...

COMUNICADO

 

Prezadas familias,
 
Sabemos da  preocupación de toda a comunidade escolar ante as incertezas de cara ao comezo do curso 2020/21. Queremos trasladarvos unha mensaxe de tranquilidade e confianza, na medida do posible: un equipo de profes estamos deseñando os protocolos que rexerán a vida no centro, seguindo as instrucións marcadas pola Consellería de Educación, que aínda poden variar antes do día 1 de setembro. A partir desa data, a través da páxina web, das redes sociais e en reunións presenciais iremos facéndovos chegar toda a información precisa. 
 
En todo caso, xa podemos comunicarvos que estamos a adquirir os materiais necesarios e a implementar as medidas oportunas para que, dadas as circunstancias, poidamos empezar as clases coa máxima normalidade e seguridade posible. Espérannos meses difíciles e complicados. Coa colaboración e a boa vontade de todos esperamos sacar o curso adiante. Desde xa, grazas pola vosa confianza e axuda.
 
Equipo directivo
Leer más...