INFORMACIÓN

Desde o Equipo Directivo e o Claustro de Profesores, dámosvos as grazas polas mostras de cariño que cada día nos facedes chegar e pola inestimable colaboración.

Desexámosvos que, dentro da situación actual, poidades descansar e repoñer forzas en familia nesta Semana Santa.

O martes 14 de abril, reanudaremos o traballo telemático, salvo novas instrucións que nos poidan chegar da Consellería, das cales estaredes informados por este medio.

Unha forte aperta.

Leer más...

INFORMACIÓN ENTREGA DE NOTAS

As notas publicaranse o xoves  2 de abril, ás 14:00h, a través de AbalarMóbil. Deberase descargar a aplicación e rexistrase. No seguinte enlace pódese consultar toda a información--> AbalarMóbil
Se algunha familia non pode descargar a App ou ten dificultades para acceder, debe dirixirse ao titor/a a través de correo electrónico asignado a cada clase, solicitándolle o boletín de cualificacións. O titor/a procederá ao envío por este medio.
Leer más...

INFORMACIÓN

Estimadas familias:

Dada a situación de pandemia mundial que estamos vivindo,o Equipo Directivo comunícavos que o centro non é alleo a dita situación. Algúns membros da comunidade educativa son positivos no coronavirus, a todos eles lles desexamos unha pronta recuperación. Todo o Equipo Docente seguirá traballando para intentar estar ao lado do alumnado e familias.
Como consecuencia das novas medidas do Goberno, o centro permanecerá pechado ata despois de Semana Santa. Mantéñense abertas as canles de comunicación a través do enderezo electrónico cpr.divino.maestro.lugo@edu.xunta.es e, en caso de urxencia, chamar ao teléfono 679035728, en horario de de luns a venres de 10:00h-13:00h.

Recibide todas e todos unha aperta de paz e ben.
Leer más...

INFORMACIÓN

Debido á achega de novas instrucións da Consellería, o centro comunica:

 - Que a 2° avaliación será o martes 31 de marzo co traballo desenvolvido polos alumnos ata a interrupción das clases( 13 marzo).

 - As notas publicaranse o xoves 2 de abril, ás 14:00h, a través de AbalarMóbil( poñerase un enlace explicativo na pax WEB). Se algunha familia non pode descargars a App, dirixirase polo correo electrónico asignado a cada clase solicitándollas ao titor, que as enviará por este medio.

 - Quedan suspendidas todas as Avaliacións de diagnóstico para este curso.

 - 3° Avaliación, pendente de novas instrucións, pero de continuar esta situación, seguiremos traballando telematicamente e avanzaremos curriculo con posibles modificacións nos contidos e competencias.
Leer más...

INFORMACIÓN

Últimas novas no portal educativo da Consellería.
Clica no enlace:
Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU
Leer más...

INFORMACIÓN


Lugo, a  25 de marzo de 2020

Queridas familias:


Esperamos e desexamos que todos vós así como, todos os vosos seres queridos esteades ben. Nestes momentos difíciles queremos facervos chegar o cariño e apoio de todo o equipo docente. Dende o centro faremos  o posible por acompañarvos e axudarvos, na medida das nosas posibilidades, no proceso educativo dos vosos fillos.
Para elo, achegámosvos unha serie de indicacións  para o desenvolvemento do ensino telemático mentres sigamos baixo o estado de alarma ou a Consellería de Educación nos indique o contrario:
1- O venres 27 de marzo, o seguimento telemático do proceso educativo farase diariamente tendo en conta o horario de clase do alumno. Na páxina WEB do centro habilitarase unha pestana por curso dentro do cal estarán as distintas materias e actividades correspondentes. Facilitarase vídeo explicativo para acceder a este espazo virtual.
2- A comunicación co profesorado será a través do correo electrónico de cada curso, débese poñer o nome do alumno/a e dirixir a pregunta ou dúbida ao profesor da materia.
3- Para facilitar a planificación familiar da xornada, as actividades diarias facilitaranse antes das 10:00h.
4- Todas as  tarefas propostas polo profesorado non son avaliables pero é convinte realizalas,  pois os contidos que se están a dar serán de axuda no momento de reiniciar as clases. 
5- Aprázase a 2º avaliación ata despois de Semana Santa, xa iremos informando do proceso.

Recibide todas e todos unha aperta de paz e ben
O Equipo Directivo
Leer más...