BO NADAL
CONSELLO ESCOLAR: PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS
Reunida a Xunta Electoral para a renovación parcial do Consello Escolar, proclamáronse as candidaturas que se amosan no taboleiro do centro e que corresponden ás seguintes iniciais:
Representantes de pais/nais:
§ N D M
§ B G T
§ T F S
§ R C F
Representantes de alumnado:
§ J S C
§
A N P
§ M R L
O sorteo para as mesas electorais celebraranse o vindeiro venres, 19/11/21, e as votacións terán lugar 0 24/11/2021.
SOLICITUDE DE MÁSCARA
a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
• Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
• Prazo: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.
RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR
O Consello Escolar do centro é un órgano de participación e control da vida do Colexio. Nel están representados o profesorado, a Entidade Titular, o Concello, o alumnado, o PAS e tamén as nais/pais/titores legais.
Cada dous anos toca renovalo parcialmente. Desta volta cómpre elexir un alumn@ (da ESO) e unha nai/pai (ademais do designado pola ANPA).
É por isto que animamos a cantas nais/pais o desexen, e teñan dispoñibilidade, a participar e presentarse como candidatos, ademais de votar o día das eleccións.
Os censos, actas... e toda a información están colgados no taboleiro do centro. Poden recoller en Secretaría a inscrición como candidatas/os ou descargala nos seguintes enlaces, ademais doutras informacións ao respecto:
Calendario
Consello Escolar: constitución da Xunta Electoral
Publicada no taboleiro de actos do centro a acta co resultado do sorteo público efectuado para constituír a Xunta Electoral do proceso de renovación do Consello Escolar 2021.
A Xunta Electoral constituirase o vindeiro mércores, día 3 de novembro ás 16:15 horas na Sala de Profesores do Centro. A este efecto, os titulares recibirán convocatoria oficial